A SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO VISITA AS PROVINCIAS DE LUGO E PONTEVEDRA O XOVES DÍA 3

O xoves día 3, no tocante ós espazos hosteleiros e institutos de secundaria a actividade centrarase principalmente nas provincias de Lugo e Pontevedra. Por outra banda, e dentro do ciclo de proxeccións levadas a cabo nas sés permanentes da FUNDACIÓN CAIXA GALICIA, poderanse ollar varias pezas nomeadas en A Coruña, Ourense e Santiago.

A PROVINCIA DE OURENSE CENTRA A XORNADA DE PROXECCIÓNS DA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO O MÉRCORES DÍA 2, PROMOVIDA POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

A xornada comenzará xa ás 10:00 da mañá no I.E.S Cosme López Rodríguez da Rúa, coa proxección da película de tv A Biblioteca da Iguana e a produción publicitaria Hesperia Gran Hotel La Toja. Posteriormente ás 12:30 horas , levaránse a cabo sendas proxeccións no I.E.S Lauro Olmo do Barco e no I.E.S Allariz de Allariz. No primeiro poderemos ver o documental 2050 e curtametraxe de ficción S.O.S, mentres que no segundo, proxectarase o documental Labregos do Mar e a curtametraxe de ficción Bechos Raros.

CÓMO FOI O PRIMEIRO DÍA DE PROXECCIÓNS DA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

Arredor de oitenta alumnas e alumnos do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces asistiron a xornada inaugural da Semana do Audiovisual Galego que se celebrou no centro e á que asistiron como convidados o actor Manuel San Martín, da serie Libro de Familia, e Agustín Díaz, por parte do equipo da serie de TVE-Galicia 25 anos de autonomía.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL INAUGURA MAÑÁ A SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO NAS CIDADES E PRINCIPAIS VILAS GALEGAS

Será no I.E.S. Marco do Camballón en Viladecruces, onde ás 9:30 da mañá, onde se leve a cabo o Acto Inaugural desta Semana do Audiovisual Galego, ó que asistirá Manuel Sanmartín en representación da serie de tv Libro de Familia, e Agustín Díaz por 25 anos de Autonomía, dado que serán estas as proxeccións que alí se leven a cabo.

CALENDARIO DE PROXECCIÓNS DA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO, DAS PRODUCIÓNS DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

Longametraxes, curtas de ficción e animación, series e programas de TV, documentais e producións de publicidade, percorrerán simultaneamente as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e as vilas pontevedresas de A Guarda, Lalín, O Grove, Tui, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa e Vilaxoán de Arousa; as ourensáns de Allariz, A Pontenova, A Rúa, O Barco de Valdeorras e Xinzo de Limia; as coruñesas de As Pontes de García Rodríguez e Culleredo; as luguesas de Burela e Monforte de Lemos.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PROMOVE OS PREMIOS MESTRE MATEO 06 CUN CIRCUÍTO POLAS PRINCIPAIS VILAS E CIDADES GALEGAS

Do 30 de abril ó 5 de maio a Semana Galega do Audiovisual encherá de cine as sés da Fundación Caixa Galicia nas cidades e os centros de ensino e espazos hostaleiros nas vilas

O 9 DE MAIO CELÉBRASE NO COLÓN CAIXA GALICIA A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

Actuacións e moitos gags a cargo dos presentadores Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, os e as artistas encargad@s de entregar os distintos premios, e diversas persoas famosas no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo da Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06 que se celebra o vindeiro 9 de maio na Coruña, no Colón Caixa Galicia ás 21,30 da noite, unha Gala que será retransmitida por TVG. Esta edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras.

NOVAS DO SECTOR: SAE Á VENDA A BSO DE DE PROFUNDIS, COMPOSTA POR NANI GARCÍA E INTERPRETADA POLA OSG

Dende este mes de abril está xa á venda a música orixinal de De Profundis, a película de animación dirixida por Miguelanxo Prado e producida por Continental Animación, Desembarco Producións e Zeppelin Filmes.

NOVAS DO SECTOR: UN FRANCO, 14 PESETAS, NA 2 DE TVE

Hoxe luns 16 de abril ás 21:30, VERSIÓN ESPAÑOLA inaugura o seu novo horario no prime time da 2 coa estrea en televisión da ópera prima de Carlos Iglesias, Un franco, 14 pesetas.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL DEU A COÑECER ÓS FINALISTAS ÓS PREMIOS MATEO 06

Academia Galega do Audiovisual abríu esta mañá ante os medios de comunicación, os 25 sobres remitidos polo Notario á Xunta Directiva, e que contiñan os nomes das producións e profesionais que @s soci@s da A.G.A. elixiron como Finalistas en cada unha das 25 categorías establecidas nos Premios Meste Mateo 06. Aclarar que naquelas categorías nas que figuran máis de 4 finalistas, é por mor do empate producido nas votacións.