A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONVOCA A SEXTA EDICIÓN DOS PREMIOS MESTRE MATEO

As empresas produtoras e os profesionais do audiovisual galego poden presentar ao longo deste mes os seus traballos para optar aos premios Mestre Mateo 07, que coma cada ano convoca a Academia Galega do Audiovisual. O prazo de presentación pecha o día 2 de xaneiro e, unha vez rematado o proceso de presentación e votación dos nomeados, terá lugar a tradicional Gala dos Premios, prevista para o mes de abril do 2008.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PRESENTA A SÚA NOVA PUBLICACIÓN “PAPEIS DA ACADEMIA”

A Academia Galega do Audiovisual ven de editar a súa nova publicación institucional, “Papeis da Academia”, que nace co obxectivo de contribuír ao enriquecemento da reflexión e o saber sobre a creación e a industria audiovisual galega, en sintonía cos fins da propia entidade nacida en maio de 2002. Segundo sinala no limiar a presidenta da AGA, María Bouzas, Papeis supón unha oportunidade de “dar testemuño desde o ámbito académico de qué e cómo somos, cómo nos ven e cómo vemos”. Bouzas engade que “Papeis debe ser reflexo da gran pluralidade –de pensamento e de obra- que acolle a Academia”.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONVOCA A SEXTA EDICIÓN DOS PREMIOS MESTRE MATEO

As empresas produtoras e os profesionais do audiovisual galego xa poden presentar ao longo deste mes os seus traballos para optar aos premios Mestre Mateo 07, que coma cada ano convoca a Academia Galega do Audiovisual. O prazo de presentación pecha o día 2 de xaneiro e, unha vez rematado o proceso de presentación e votación dos nomeados, terá lugar a tradicional Gala dos Premios, prevista para o mes de abril do 2008.

O PARTIDO, PRODUCIDA POR VACA FILMS, NOMINADA COMO MELLOR TV MOVIE POLA ACADEMIA DE TELEVISIÓN

La Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión ha proclamado hoy a los programas y profesionales finalistas de sus IX Premios Anuales, cuya ceremonia de entrega está prevista para finales del próximo mes de noviembre. “EL PARTIDO” ha sido nominada tras el recuento notarial de los votos emitidos por los casi 1.000 miembros de la institución.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL LÁIANSE DO FINAMENTO DE PEDRO AMALIO LÓPEZ

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual manifesta a súa dor pola perda do realizador Pedro Amalio López, finado hoxe en Madrid á idade de 77 anos. Precisamente, foi a A.G.A. a entidade que entregou o derradeiro galardón de recoñecemento pola súa traxectoria profesional e a súa lligazón con Galicia, na última Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo, celebrada o pasado mes de maio.

NOVAS DO SECTOR: Voz Audiovisual busca figurantes para a nova tempada de A vida por diante

Voz Audiovisual busca figurantes para a nova tempada de A vida por diante, gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor serie de TV

LISTAXE DOS GAÑADORES DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

Na Gala dos Premios Mestre Mateo celebrados na noite do 9 de maio no Colón Caixa Galicia de A Coruña, entregáronse as 25 estatuíñas dos Premios Mestre Mateo 06, ademais do Premio de Honra Fernando Rey que recaeu no realizador Pedro Amalio López. A película Un Franco, 14 pesetas, foi a produción máis votada.

O MÉRCORES 9 DE MAIO CELÉBRASE NO COLÓN CAIXA GALICIA A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

O Colón Caixa Galicia de A Coruña acolle o mércores día 9 ás 21:30 hs a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06, que será retransmitida pola TVG. Os seus presentadores, Manuel Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, os e as artistas encargad@s de entregar os distintos premios, e diversas persoas famosas no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo desta nova edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras.

A PONTENOVA E TUI PORÁN O BROCHE FINAL Á SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

Mañá sábado día 5, porase broche final a toda a Semana do Audiovisual Galego que se ven celebrando dende o pasado luns 30. Será na vila lucense de A Pontenova, e a pontevedresa de Tui, onde se pechará este ciclo de proxeccións con cadansúa sesión de curtas de animación e ficción.

A SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO VISITA AS PROVINCIAS DE LUGO E PONTEVEDRA O XOVES DÍA 3

O xoves día 3, no tocante ós espazos hosteleiros e institutos de secundaria a actividade centrarase principalmente nas provincias de Lugo e Pontevedra. Por outra banda, e dentro do ciclo de proxeccións levadas a cabo nas sés permanentes da FUNDACIÓN CAIXA GALICIA, poderanse ollar varias pezas nomeadas en A Coruña, Ourense e Santiago.