A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CELEBRA OS ENCONTROS VIRTUAIS SOBRE “O ESTADO DAS COUSAS” NO SECTOR

Continuando coa iniciativa posta en marcha o ano pasado nestas datas, a Academia Galega do Audiovisual celebra dende esta semana as súas segundas xornadas de reflexión sobre “O estado das cousas” no eido audiovisual galego e que nesta ocasión reciben o nome de Encontros Virtuais, xa que se desenvolven a través de foros de Internet abertos para este fin na web da Academia.

JAIRO IGLESIAS FALOU COS ALUMNOS DO COLEXIO LA SALLE

Esta mañá dende as 13.00 horas Jairo Iglesias visitou o colexio La Salle, onde estudou, para proxectar as súas curtametraxes e falar cos alumnos sobre o audiovisual e as curtas. Puidéronse ver Rosa dos ventos, 1936, Ribadeo e a súa última curtametraxe Cores, premiada polo público en Redondela e polo xurado en Sada.

“CORES” DE MR MISTO FILMS GAÑA O PREMIO DO PÚBLICO DO FESTIVAL REDONDELA EN CURTO

A curtametraxe “Cores” dirixida polo compostelán Jairo Iglesias e producida por Mr Misto Films non puido ter un mellor comezo na súa andaina por Festivais, xa que se alzou co Premio do Público do Festival Nacional de Curtametraxes de Redondela en Curto.

ENTREGADOS OS PREMIOS MESTRE MATEO 2007 NO TEATRO JOFRE DE FERROL

O audiovisual galego celebrou onte a súa noite máis esperada do ano no Teatro Jofre de Ferrol. Ao redor da entrega dos Premios Mestre Mateo 2007 reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, moi especialmente, de todas as asociacións e sectores profesionais da familia audiovisual galega.

ESTA NOITE COÑECERANSE NO TEATRO JOFRE DE FERROL OS GAÑADORES DOS PREMIOS MESTRE MATEO 2007

Esta noite terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 2007, na que se coñecerán os gañadores das vintecinco categorías que conforman os galardóns da presente edición. Por segundo ano consecutivo, Antonio Durán (Morris) e Manuel Manquiña serán os presentadores do certame e polo tanto os responsables en boa parte de asegurar o mellor ton para esta gala: áxil, amena e moi, moi entretida. Responsabilidade que, ao igual que na pasada edición, comparten cos guionistas e directores da Gala, Xosé Castro e Andrés Mahía.

ERNESTO CHAO, PREMIO DE HONRA FERNANDO REY

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual aprobou conceder este ano o Premio de Honra Fernando Rey ao actor Ernesto Chao, en recoñecemento á súa traxectoria profesional no eido da televisión e o cine, ademais do teatro.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PRESENTA A SÚA GALA ANUAL E O CIRCUÍTO DE PROMOCIÓN DOS FINALISTAS AOS PREMIOS MESTRE MATEO 2007

Un ano máis, o audiovisual galego vístese de festa. O martes 15 de abril os focos do Teatro Jofre de Ferrol alumearán a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 2007, na que se coñecerán os gañadores das vintecinco categorías que conforman os galardóns.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ANUNCIOU ESTA MAÑÁ A LISTAXE DE NOMEADOS AOS PREMIOS MESTRE MATEO 2007

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, acompañada por Nani García, directivo da entidade; Marisela Lens, xerente; e Miguel Lorenzo, asesor xurídico, fixeron público esta mañá os nomes dos finalistas aos Premios Mestre Mateo 2007 nas súas vinte e cinco categorías.

JAIRO IGLESIAS PRESENTA TRES CURTAMETRAXES NO TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA

O director compostelán Jairo Iglesias realiza este mércores, día vinte de febreiro, no Teatro Principal de Compostela, ás oito da tarde, unha nova parada da xira de presentación das súas tres novas curtametraxes: Rosa dos Ventos, 1936 Ribadeo e Cores. Con estes tres traballos o realizador compostelán aspira a conseguir o premio Mestre Mateo á mellor curta do ano 2007.

JAIRO IGLESIAS ESTREA TRES NOVAS CURTAS NA ESCOLA DE IMAXE E SON DA CORUÑA

O realizador Jairo Iglesias, gañador do Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe 2006, estrea este xoves día sete de febreiro, ás 20.00, na Escola de Imaxe e Son da Coruña, tres novas curtas. Trátase de Rosa dos Ventos, 1936, Ribadeo e Cores. É a primeira parada dun calendario de promoción e distribución dos seus traballos que inclúe tamén proxeccións na FNAC da cidade herculina, o próximo luns día 11 ás 20.00 horas, e no Teatro Principal de Santiago de Compostela o vindeiro 20 de febreiro ás 20.00 horas.