IV Premios Mestre Mateo

Celebrouse o 19 de marzo de 2006, no Palexco d’A Coruña. O presentador foi Luis Piedrahíta e na gala fíxose un percorrido, en clave de humor, da evolución da comunicación dende a idade de pedra ata os nosos días.IV Gala Premios Mestre Mateo {morfeo

III Premios Mestre Mateo

Celebrouse o 20 de marzo de 2005, no Teatro Sala de Concertos de Caixanova, en Vigo. O presentador foi Moncho Borrajo, nunha gala que emulaba o musical clásico.III Gala Premios Mestre Mateo{morfeo

II Premios Mestre Mateo

Celebrouse o 26 de xuño de 2004 en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos. O presentador foi Javier Veiga.  II Gala Premios Mestre Mateo  {morfeo

I Premios Mestre Mateo

A gala dos I PMM celebrouse o 7 de xuño de 2003, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O presentador foi Javier Veiga e o Pórtico da Gloria, o fío temático da gala. I Gala Premios Mestre Mateo  {morfeo

IX Premios Mestre Mateo

O 17 de Abril de 2011 tivo lugar a Gala dos IX Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”  no Auditorio Municipal de Ourense. Como vén sendo habitual, nesta novena edición reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector.  A Gala IX Premios Mestre Mateo foi dirixida por Xaime Fandiño, que guionizou xunto cos mestres de cerimonias, Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán. Foi un evento no que primaron o inxenio e a creatividade, con moitas doses de imaxinación e de humor, pero invitando á reflexión sobre o presente e o futuro do sector audiovisual en Galicia. Así, esta Gala transcorreu baixo o concepto de Galiwood: “No ano 2011, o mundo, e tamén Galicia e o seu audiovisual, atravesaban unha fonda crise. Unha década despois, este pequeno gran país converteuse na nova meca mundial do cine combinando creatividade e innovación, boas historias e vangarda

X Premios Mestre Mateo

Tras meses de preparativos e ensaios, o 28 de abril do 2012 tivo lugar a X edición dos Premios Mestre Mateo no Auditorio Gaviota do Palexco, en A Coruña. Coma é habitual, un centenar de caras coñecidas, actores, actrices, productores, demais profesionais do sector, institucións e empresas déronse cita nun día tan especial para o audiovisual. A gala, dirixida por Ángel de la Cruz e conducida pola coñecida actriz María Castro, estivo repleto de humor e números musicais que fixo un repaso polas crises máis importantes dos últimos séculos, dende a producida por mor da Revolución Industrial no século XIX ata a presente, sempre cunha ollada de humor e optimismo: a moralexa é que calquera crise pasada foi sempre peor e, como di o noso refraneiro, nunca choveu que non escampara! Repartíronse un total de 28 estatuíñas, ademais do Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano foi para Dolores Ben, Presidenta de AGAPI e propietaria das empresas Sodinor e Cinemar.

LISTAXE DAS CANDIDATURAS ACEPTADAS AOS PREMIOS MESTRE MATEO 08

A Academia Galega do Audiovisual fixo pública hoxe a listaxe das candidaturas aceptadas na edición dos Premios Mestre Mateo 08. A información completa para cada categoría é accesible dende a portada da web da AGA, premendo na sección “Premios Mestre Mateo” no apartado de Actividades, na parte superior dereita da páxina.

A GALA DOS PREMIOS MESTRE MATEO 08 CELEBRARASE EN PONTEVEDRA O 30 DE ABRIL

A Gala dos Premios Mestre Mateo 08 terá lugar o día 30 de abril na cidade de Pontevedra, no Pazo da Cultura. Na presente convocatoria aos premios promovidos pola Academia Galega do Audiovisual compiten 148 obras nas 12 categorías de producións, ademais dos profesionais que se presentan nas outras 16 categorías. O alto número de obras aspirantes aos galardóns supón unha cifra récord na historia dos Premios Mestre Mateo, que este ano acadan a súa sétima edición.

ALBÓNDIGAS CON QUEIXO DE ARZÚA, A SORPRESA DE LARPEIROS ESTA SEMANA

O programa LARPEIROS conta esta semana coa participación do cociñeiro Nicolás Villar, un profesional novo pero xa destcado no panorama gastronómico galego. Nicolás, que leva a cociña dun restaurante situado dentro dun museo – o MARCO de Vigo- entra na cociña dos Larpeiros para preparar unhas albóndigas de porco con queixo de Arzúa, acompañado polo popular Benigno Campos.

“O NENO DE BARRO” PROXÉCTASE MAÑÁ NO I FESTIVAL DA MADAMA

O I Festival da Madama de Sanxenxo acolle mañá venres 20 a proxección da película de Jorge Algora, que contará coa presenza do seu director. A cita será a partires das 21 horas no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.