Primeiros pasos do estudo da situación actual sobre a presenza e participación das mulleres no sector cultural

A Academia Galega do Audiovisual xunto coa Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Escena Galega e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas promoven, xunto coa Secretaría Xeral de Igualdade, un estudo da situación actual sobre a presenza e participación das mulleres no sector cultural, nomeadamente nas áreas profesionais do audiovisual e das artes escénicas, así como as condicións laborais e o acceso aos recursos entre homes e mulleres no sector. Deixámosvos toda a información sobre este compromiso publicada na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de

Os Mestre Mateo proxéctanse na Gran Mazá

As longas finalistas nos XIV Premios Mestre Mateo chegan a Nova Iork nesta semana a través da segunda edición do Galician Cinema & Food Festival (CG&FF). Dende hoxe ata o xoves día 23, "As altas presións", "Lobos sucios", "A praia dos afogados" e "O descoñecido" proxectaranse no Instituto Cervantes da cidade. Esta última película, que se fixo con doce Mestre Mateo na pasada edición, contará coa representación do seu montador Jorge Coira para un coloquio co público asistente despois da proxección, así como para exercer de embaixador da marca "Galicia" neste festival. O festival abarca tamén o seu programa cinematográfico coa reunión de cineastas hispanos e americanos, e complétase cunha degustación de gastronomía galega.   Calendario de proxeccións Luns, 20 de xuño, 19.00h: "A praia dos afogados", de Gerardo Herrero Martes, 21 de xuño, 19.00h: "Lobos sucios", de Simón Casal de Miguel Mércores, 22 de xuño, 19.00h: "Las altas

As curtas finalistas nos MM, en Cataluña

O xoves, 16 de xuño ás 19.30h o Museo del Cinema de Girona acolle a proxección das curtas (de imaxe real e animación) finalistas nos XIV Premios Mestre Mateo grazas á colaboración coa Acadèmia del Cinèma Catalá. A entrada é libre ata completar o aforo.   - Curtametraxes de imaxe real finalistas nos XIV PMM Disney, de Jorge Saavedra Eco, de Xacio R. Baño (*gañadora) Ladrones de tiempo, de Fran X Rodríguez Restart, de Olga Osorio - Curtametraxes de animación nos XIV PMM Ascender de Becario, de Adrián Pérez Ferro Fruit Island, de Francisco Pérez, Antonio Ayuso, Pedro Gil, Víctor Panadeiros y Aritz Amatria O terceiro porco, de David Saboridos (*gañadora)

Presentamos o Wikiproxecto do Audiovisual

A Academia alédase poder presentar o Wikiproxecto do Audiovisual para crear e mellorar artigos na enciclopedia en rede galega, e así completar a información do noso sector grazas ás achegas dos usuarios. Tras o Wikimaratón do Audiovisual celebrado o pasado mes de novembro en Pontevedra, acordouse crear este proxecto para unha maior visibilidade do sector audiovisual e facer da Galipedia unha fonte de referencia para a consulta de datos sobre as obras e producións galegas. Ademais tamén nos gustaría que propuxésedes unha lista de artigos ou temas a crear ou mellorar no Wikiproxecto e así ir animando á xente a facer achegas nos mesmos. O proceso é igual que para editar calquera outra entrada na Galipedia:  poñedes no voso navegador o enlace á portada da mesma https://gl.wikipedia.org/ e seguides as instrucións para incluír novos datos ou para actualizar entradas antigas. É importante ler as normas de edición, como por exemplo,  non editar cada un os seus

Os Mestre Mateo, en IMDB

Os Premios Mestre Mateo publican a súa páxina en IMDB, a base de datos en liña que contén información sobre as producións e os profesionais das mesmas. Para que estea o máis completa posible precisamos que nos axudedes engadindo máis datos. Para editar, tedes que entrar en "Events" e pulsar no botón "editar evento". Dende aí xa só tedes que meter os datos e darlle a gardar. Deixámosvos o enlace:

Comunicado conxunto da AAAG, AGAG, CREA, OAG, AGAPI, AISGE e AGA sobre a situación do CGAI

Deixámosvos o comunicando conxunto da Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Asociación de Guionistas de Galicia, da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, AISGE e a Academia Galega do Audiovisual sobre a situación do Centro Galego das Artes da Imaxe.   Desde hai 25 anos, en Galicia contamos cunha institución que naceu, entre outras cousas,  para preservar e difundir o patrimonio audiovisual galego. Outros dos seus cometidos orixinais foron asumidos posteriormente por outros organismos. Pero da conservación do noso patrimonio audiovisual, que é un traballo dunha grande esixencia técnica, se non se ocupa o CGAI, quen se vai ocupar? A posibilidade, formulada ultimamente, de que o CGAI vexa aínda máis reducido o seu persoal conforma unha seria advertencia. Corremos o risco de desatender a tarefa de restaurar, conservar, catalogar e manter como ben

Os premiados dos Gaudí no CGAI

Cinco proxeccións con seis títulos protagonizarán a semana que a Academia Galega do Audiovisual,  del Cinema Català e o Centro Galego das Artes da Imaxe dedican a dar a coñecer en Galicia as obras premiadas nos premios Gaudí que anualmente organiza a institución catalana. As cinco proxeccións permitirán coñecer aos espectadores todos os traballos premiados nas distintas categorías. As proxeccións realizaranse entre os días 25 e 28 de maio en cinco pases que ofrecerán as obras gañadoras nas categorías de Mellor longametraxe, Mellor longametraxe en lingua non catalana, Mellor curtametraxe, Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor película para televisión. Pases Maio 25, 18.00h, El adiós (curta) + 13 dies d'octubre Maio 25, 20.30h, El camí més llarg per tornar a casa Maio 26, 18.00h, Game Over  Maio 26, 20.30h, Truman Maio 28, 18.00h, Atrapa la

A AGA concede a Xavier Villaverde o premio “Fernando Rey” e a sala Númax o premio “José Sellier”

Marga Pazos e Xosé A. Touriñán serán os presentadores da gala dos premios Mestre Mateo que o vindeiro sábado, 23 de abril, terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña para repasar o mellor da produción audiovisual galega do pasado ano. A gala, que estará dirixida por Xaime Fandiño, recordará que hai 100 se estrenou o primeiro filme galego, Miss Ledya, e desde esa conmemoración e con humor contar como é o mundo audiovisual galego na actualidade e reivindicar os seus aspectos propios. Desde este punto de partida, a gala repasará algunhas das circunstancias do sector no país. Marga Pazos e Xosé A. Touriñán combinarán na presentación dous caras do sector audiovisual, a información e o entretemento, coas súas linguaxes respectivas e complementarias desde o punto de vista do espectador. A gala contará con unha banda de música formadas por alumnas da facultade pontevedresa de Comunicación que forman parte da chamada Xeración Xabarín. Ademais, será a primeira vez que

Os Encontros Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual achegou un ano máis ás Escolas de Imaxe e Son de Galicia a algúns dos profesionais finalistas nalgunhas categorías dos XIV Premios Mestre Mateo. Deste xeito, do 1 ao 8 de abril percorremos oito escolas que imparten ciclos relacionados co audiovisual cos nomeados das categorías que as propias escolas elixiron previamente. Todo comezou no IES Virxe do Mar (Noia), onde se estreou o ciclo de Son, o venres 1 de abril cos finalistas á Mellor Música Orixinal. Manu Conde (Serramoura) e Manu Riveiro (O Descoñecido) falaron cos alumnos sobre composición para cine e televisión. Profundizaron nalgúns asuntos do seu día a día como por exemplo cando comeza o seu traballo para unha produción e se algunha vez non logaron un acordo co director e o produtor. O luns 4 de abril tivemos dobre cita cos Encontros: ás 11h tres representantes das 4 longas finalistas nos Mestre Mateo - Hugo Torres (Las altas presiones), Emma Lustres (O Descoñecido) e

Dispoñibles os guións dos finalistas dos Mestre Mateo

O guión é o documento base de toda obra cinematográfica e televisiva; é o contenedor de tódalas ideas, de tódalas palabras e de tódolos personaxes que posteriormente cobrarán vida. Dende a Academia achegámosvos os guións dos Mestre Mateo para que analicedes e leades as historias polas que son nomeados nesta categoría dos Premios Mestre Mateo.Por primeira vez, xs académicxs poderán ler o guión antes de emitir os seus votos na rolda final, o que pode axudar a escoller entre eles.   Finalistas na categoría de Mellor Guión: O Descoñecido - Alberto Marini Era Visto! - Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía Hospital Real - Carlos Portela e Lidia Fraga Lobos Sucios - Paula Cons, Felipe Rodríguez, Noelia del Río e Carmen Abarca Serramoura - Alberto Guntín, Víctor Serra e Xosé