Listaxe de candidaturas recibidas para os Mestre

A Academia publica o listado das candidaturas recibidas no período de inscricións dos XV Mestre Mateo para cumprir co punto 5.4.3. das bases. Se alguén observa a falta dalgunha produción ou profesional podedes presentalo vós mesmo ou que os profesionais presentedes ou retiredes a súa candidatura se non estades conformes coa mesma. Tedes ata o mércores, 30 de novembro ás 14h para escribirnos ao mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal Listaxe de candidaturas recibidas nos XV PMM

presentacionoi-2

O Observatorio quedou constituido por dez asociacións que representan ao conxunto das actividades das artes escénicas e do audiovisual de Galicia

Despoisde que algunhas asociacións profesionais traballasen durante un tempo de forma conxunta e continuada en accións e proxectos que fomentasen a igualdade nas artes escénicas e no audiovisual, reparouse na necesidade de unir a voz de todas as demais organizacións profesionais de Galicia vencelladas a estes ámbitos co obxectivo de elevar a súa capacidade de influencia sobre a sangrante fenda laboral que sofren as profesionais nestes sectores. Deste xeito, e conscientes de que a cultura é un sector estratéxico para o desenvolvemento das políticas de igualdade grazas á súa capacidade de transformación do imaxinario colectivo da cidadanía, representantes das asociacións profesionais das artes escénicas e do audiovisual de Galicia (Asociación Galega de Produtoras Independentes, Academia Galega do Audiovisual, Escena Galega-Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación de Directores e Realizadores de

Aberto o prazo de inscrición para os premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual abriu o prazo de inscripción para as obras que queiran participar nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego. O prazo de inscripción permanecerá aberto desde hoxe ata o vindeiro 24 de novembro. Os premios Mestre Mateo repasarán toda a actividade audiovisual galega do ano 2016. A apertura de inscripción nos premios é o primeiro paso dun proceso de selección que contará con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller aos finalistas e a segunda para decidir aos gañadores en cada una das vintenove categorías dos premios. Os premios Mestre Mateo adiantarán en case dous meses a súa celebración neste ano, pasando de finalizarse a finais de abril a celebrar a súa gala a principios do mes de marzo, nunha data por concretar. Este cambio obedece a celebrar os premios o máis próximos posibles ao ano que están xulgando e tamén adaptar mellor os Meste Mateo ao calendario de premios internacionais do

bannermail_450x184-01

Nova clase maxistral sobre técnicas de pitching con Paula Ortiz

A Academia Galega do Audiovisual organiza unha clase maxistral teórico-práctica sobre a presentación de proxectos e unha charla con Paula Ortiz o vindeiro 18 de novembro de 16 a 21h na sala Numax. Durante as catro primeiras horas terá lugar a masterclass sobre o pitch de proxectos nas que directora explicará os contidos e formas de plantexar a presentación de proxectos. Na segunda parte da clase realizarase un pitch en grupos de 2-3 persoas. Unha vez rematadas, de 20 a 21h concretamente, terá lugar unha charla con Ortiz que falará da súa experiencia e dos seus proxectos, entre os que se atopa o finalista nos Goya 2016 "La Novia". Máis información e inscricións:

cartel_faa16-def-01

Masterclass de dirección de casting con Carmen Utrilla e Marga Rodríguez

A Academia Galega do Audiovisual organiza a masterclass "Como afrontar un casting" coas directoras de casting Carmen Utrilla e Marga Rodríguez os vindeiros 14 e 15 de outubro en Vigo. O primeiro día faranse probas de cámara onde se aconsellará e daranse trucos aos actores para mellorar a imaxe e afrontar con máis tranquilidade este tipo de probas. Os asistentes terán que ter elixido e preparado un monólogo que se gravará, cun posterior visionado e comentario. O sábado gravaranse secuencias que previamente lle serán enviadas aos asistentes, que deberán buscar o vestiario máis adecuado e facer a súa proposta de personaxe. Gravaranse e analizaranse, dando claves para mellorar. As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de inscrición. Posteriormente entregaremos un diploma certificando a asistencia. Hai un número de prazas reservadas para a Academia Galega do Audiovisual e AISGE, no caso de non ser cubertas poderán asistir os anotados na lista de

20160920_170922

Debate audiovisual da Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual organizou un debate electoral centrado no sector cultural e audiovisual de Galicia, invitando a representantes de todos os partidos que concorren ás eleccións autonómicas en Galicia. Na convocatoria participaron representantes do PP, PSOE, BNE e En Marea. Achegamos o vídeo completo da emisión en streaming para os que non nos pudidéchedes acompañar en directo neste coloquio. Streaming_Coloquio_Cultura from cleventy on

Masterclass con Luís Ivars sobre os dereitos de autor nas músicas do audiovisual

A obra dun autor é froito do seu esforzo persoal, da súa formación, dun cúmulo de experiencias adquiridas, dunha proposta estética e de tantos outros factores que fan da creación un proceso único e valioso. E no caso do audiovisual é aínda máis complexo por aglutinar a guionista, director e compositor na autoría. Por iso convén ao creador coñecer as ferramentas para protexer a súa obra con contratos xustos e poder gozar do valor económico engadido que lle outorga o seu dereito de autor. Durante dúas horas na masterclass "Creación audiovisaul e dereitos do creador" Luís Ivars, presidente de Musimagen e membro directivo de ECSA, dará a coñecer aos presentes durante dúas horas "quen, como e onde" se defende o valor intelectual e económico da obra audiovisual; como se lexislan as leis que lles afectan. É imprescindible que os autores teñan conciencia do seu valor e o seu dereito.   Día: martes, 27 de setembro Hora: 18.30h Lugar: Aula 9 do

Masterclass con Pascal Gaigne e Sergio Moure en Ferrol

Os compositores Pascal Gaigne, responsable das BSO de películas como El Olivo, preseleccionada para representar aos Oscar, e Loreak; e Sergio Moure, compositor das músicas de Extinction, Tesis sobre un homicidio ou Seis Hermanas; falarán da súa profesión e das súas composicións cos asistentes.   Data: xoves, 29 de setembro Hora: 16.30h Lugar: Conservatorio Xan Viaño (Ferrol) Entrada: 5 euros ata completar aforo. Membros da Academia: gratuíto. Inscrición no formulario máis abaixo; unha vez enviado, a Academia Galega do Audiovisual confirmará a súa recepción e a túa praza na Masterclass nun prazo máximo de 24h nos días laborais, e recibida non máis alá do día 28 de setembro. Este formulario de inscrición só terá validez no momento no que a Academia Galega do Audiovisual reciba o XUSTIFICANTE DE INGRESO no mail info@academiagalegadoaudiovisual.gal con anterioridade ao 28 de Setembro. ABONO MATRÍCULA CCC ES24 1491 0001 2220 9713 0021 (Triodos

Masterclass con Fernando Velázquez e Manu Riveiro en Ourense

Fernando Velázquez, compositor das coñecidas películas Lo Imposible, Zipi y Zape ou La Isla del Capitán, entre outras moitas; acompañado polo tamén compositor Manu Riveiro, director das BSO de El Desconocido, coa que gañou o Mestre Mateo á Mellor Música Orixinal neste 2016, ou Meñique y el espejo mágico; compartirán as súas experiencias profesionais co público asistente.   Data: venres, 30 de setembro Hora: 16.30h Lugar: Sala Azul - Auditorio de Ourense Entrada: 5 euros ata completar aforo. Membros da Academia: gratuíto. Inscrición no formulario máis abaixo; unha vez enviado, a Academia Galega do Audiovisual confirmará a súa recepción e a túa praza na Masterclass nun prazo máximo de 24h nos días laborais, e recibida non máis alá do día 28 de setembro. Este formulario de inscrición só terá validez no momento no que a Academia Galega do Audiovisual reciba o XUSTIFICANTE DE INGRESO no mail info@academiagalegadoaudiovisual.gal con

Tres concertos coa mellor música de cine inauguran a Semana da Música do Audiovisual

Tres concertos da Orquesta Sinfónica de Galicia, un ensaio aberto ao público, tres masterclass e un obradoiro son as actividades principais da Semana das Músicas do Audiovisual, que celebrará a súa primeira edición a partir do vindeiro 23 de setembro en catro cidades galegas: A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense. A Semana das Músicas do Audiovisual é un novo festival, dirixido polo compositor Nani García, que dará protagonismo as músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, ofrecendo aos espectadores as mellores composicións en cada xénero e aos profesionais e interesados na música do audiovisual a posibilidade de ampliar coñecementos sobre composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte. Segundo Nani García, director artístico da SEMUA, a intención do festival é "darlle protagonismo aos músicos e ás músicas, queremos darlle audiovisibilidade