Lectura de finalistas #XXMestreMateo

O 10 de febreiro coñeceremos as  finalistas dos XX Premios Mestre Mateo. Máis información aquí.

Presentamos nova imaxe e nova web dos Premios Mestre Mateo

Para celebrar o 20 aniversario dos Premios Mestre Mateo, presentamos un novo diseño da imaxe dos premios e unha páxina web con información sobre as candidaturas, bases e calendario dos #XXMestreMateo e de edicións anteriores. A web está estruturada en apartados que facilitan a súa navegabilidade e conta tamén cunha sala de prensa con materiais para a súa descarga e unha sección de noticias e actualidade. Para coñecer toda a información e actualidade dos premios Mestre Mateo visita

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións levarán as finalistas dos Mestre Mateo a concellos de toda Galicia

26 de xaneiro de 2022 | Esta mañá presentouse o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa que nace da colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas. Unha iniciativa grazas á cal as finalistas dos Premios Mestre Mateo, que celebran este ano a súa vixésima edición,  viaxarán a vinte concellos espallados por toda Galicia. O Ciclo Mestre Mateo está íntimamente ligado aos premios que lle dán nome: o programa darase a coñecer cando se anuncien as finalistas da presente edición e as proxeccións empezarán despois da gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o vindeiro 19 de marzo. Celebrarase de xeito simultáneo en todas as localidades cunha periodicidade mensual, exceptuando os meses de xullo e agosto, e a entrada ás mesmas será de balde. Toda a información sobre programación, horarios e salas estará dispoñible na web ciclomestremateo.gal. Xurxo Couto, deputado de cultura e Ana Míguez, da directiva da Academia na presentaci´ón

Aberto o prazo de presentación de traballos para os VI María Luz Morales

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas volven premiar, por sexto ano consecutivo, a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual convocando os VI Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual.   As persoas interesadas en participar poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional dende hoxe ata o vindeiro 7 de xuño a través do correo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal. Os traballos gañadores nas categorías de Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego,  Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional, Mellor videoensaio sobre audiovisual galego e Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional, recibirán unha estatuíña conmemorativa e 1.200 euros. Os premios,  que contan co apoio das Deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio e

Primeira rolda de votacións dos XX Mestre Mateo

Xa está aberta a primeira rolda de votacións dos XX Mestre Mateo. Dende este momento e ata o 31 de xaneiro ás 14:00 horas, os académicos e académicas elixirán cos seus votos as finalistas en cada unha das 25 categorías. Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa oficina da Academia no teléfono 981 227 701 ou no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal. Nesta edición dos Mestre Mateo participan 162 obras estreadas en 2021 (un 11% máis que no ano anterior). Dentro das obras presentadas atópanse 19 anuncios publicitarios, 29 curtametraxes, 28 documentais, 8 longametraxes, 32 programas de TV, 5 series de TV, 14 series web e 27 videoclips. Presentáronse 475 candidaturas nas categorías profesionais das que 292 (60%) corresponderon a homes e 183 (40%) a mulleres. Candidaturas aos XX Premios Mestre Mateo.

Así foi o 2021, contado polos seus protagonistas (I)

Como corresponde a esta época do ano, toca mirar atrás e facer balance dun ano no que non acabamos de deixar atrás a Covid-19 e as súas sucesivas variantes, pero que tamén nos deu motivos de esperanza e, incluso, celebración. Repasamos como foi este 2021 a través das entrevistas ás e aos profesionais do sector audiovisual galego cos que tivemos a oportunidade de conversar sobre proxectos, rodaxes, estreas, investigacións, premios, festivais e efemérides. Empezamos o ano falando co actor e director teatral Tito Asorey, director da gala dos XIX Premios Mestre Mateo. “Este ano, tan estraño e tan duro, agradecín a oportunidade que se me brindou de construír esta celebración do audiovisual galego”. Lucía Veiga foi a encargada de presentar a gala, un encargo "emocionante" que encaixaba á perfección coa súa filosofía de traballo "o que máis me apetece é seguir comunicando e actuando e estou máis cómoda cando o traballo é en equipo". Conversamos

O 2021 contado polos seus protagonistas (II)

Rematamos o percorrido polo ano que está a piques de rematar, con máis entrevistas a profesionais das diferentes familias que compoñen o noso sector. “No fondo todo vai de contar historias" confesábanos Gaspar Broullón. Realizador, editor, produtor, profesor de Ciencias da Comunicación na USC falamos con el co gallo da súa presenza no xurado dos V Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Entrevistamos a Xisela Franco con motivo da súa participación no xurado dos Premios María Luz Morales. "No caso das películas presentadas, penso que invitaría a participar máis xente sendo máis inclusivos na explicación das propias bases". Alba Prol co-dirixiu xunto a Raúl García o documental O gran camiño estreado no verán. Nel amosan como percorreron catro das rutas de peregrinación con máis sona do mundo: o Pacific Crest Trail, o Camiño Inca a Machu Picchu, o Kumano Kodoe o Camiño de Santiago “para chegar ás persoas e ás

Fátima Davite: “Temos talento de sobra pero estamos a exportalo”

En 2022 estréase Luck, unha película de animación producida por Paramount Pictures e Skydance Animation, que conta con Whoopi Goldberg e Jane Fonda poñendo a voz dos personaxes protagonistas. No equipo atopamos a unha galega, Fátima Davite Aguiar. Empezamos a conversa con ela preguntándolle polo seu traballo en Skydance, concretamente pedímoslle que nos explique que é unha Senior Artist de Character Fx: “resumindo… somos os perruqueiros e os xastres das personaxes que aparecen nas películas de animación ou efectos especiais. Encargámonos de facer o pelo e mais as roupas das personaxes, dotar aos tecidos e os cabelos de movemento. Por exemplo, cando o personaxe se move facer que as súas roupas se engurren ou, se hai vento, que o seu pelo se mova”. Cando soubeches que querías dedicarte a isto? Lembro estar vendo o filme O señor dos aneis de pequecha co meu irmán e pensar o que me flipaban os entornos xerados por ordenador. Obsesioneime moitísimo e

Listado provisional de candidaturas aos XX Mestre Mateo

Publicamos a listaxe provisional de candidaturas aos XX Premios Mestre Mateo. O prazo para presentar as alegacións está aberto ata o luns 27 de decembro ás 14:00 horas, enviando un correo ao enderezo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal. As alegacións recibidas serán estudadas pola comisión de seguimento dos Premios; unha vez valoradas e resoltas, publicarase a listaxe definitiva de candidaturas.As alegacións poderán ser presentadas polos membros da Academia, as produtoras participantes e as persoas que figuran como candidatas nas categorías profesionais aínda que non sexan membros da Academia.Pode consultarse calquera dúbida no enderezo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal e o teléfono 981 227 701. Listado provisional de candidaturas aos XX Premios Mestre Mateo.

A Academia e o Concello da Coruña presentan as actividades que convertirán á cidade no “epicentro do audiovisual galego” en 2022

Os XX Mestre Mateo celebraranse o 19 de marzo en Expocoruña cun novo formato de galaA III Semana do Cinema Galego amplía a súa programación e duración con respecto á edición anteriorO XI Premio Sellier reivindica o 125 aniversario das primeiras películas rodadas en España Martes 14 de decembro de 2021 | Está mañá tivo lugar a rolda de prensa de presentación das actividades que se celebrarán en 2022 en virtude da colaboración entre o Concello da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, nunha rolda de prensa coa participación de Inés Rey, alcaldesa da cidade herculina, e Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia.  Durante a presentación, ámbalas dúas institucións reafirmaron o seu compromiso de seguir traballando para consolidar á Coruña como a cidade de referencia do sector audiovisual,  “o epicentro do audiovisual galego” en palabras da alcaldesa, “por número de empresas instaladas e polos postos de traballo que se xeran”. Na