O VENRES 10 DE XUÑO COMEZA O TALLER DE DEREITO AUDIOVISUAL NA CORUÑA
Será o venres día 10 ás 16,00 horas da tarde, cando se inaugure o Taller de Dereito Audiovisual que organiza a Academia Galega do Audiovisual, un acto que se celebrará na sé do Colexio de Avogados da Coruña –como todo o Taller-, e ó que asistirán por parte deste organismo o letrado Miguel Lorenzo Torres, e en nome da Academia estarán a súa xerente, Mamen Quintas, e Isabel Blanco, membro da Xunta Directiva da mesma.
TALLER DE DEREITO AUDIOVISUAL
A Academia Galega do Audiovisual, co apoio e colaboración do Consorcio Audiovisual de Galicia, Colexio de Avogados de A Coruña, Caixanova, Fundación Aisge, Fundación Sgae e o Concello de A Coruña, organizou un TALLER DE DEREITO AUDIOVISUAL para o vindeiro mes de xuño na cidade de A Coruña. O obxectivo deste taller é coñecer e manexar todos os contratos que se desprenden dunha obra audiovisual, ben sexa cinematográfica ou televisiva; coprodución, contratación de personal técnico artístico, vendas de dereitos, etc., nas súas vertentes nacional e internacional, ademais da relación laboral dos técnicos e profesionais (dereitos e obrigas como traballador) A inscrición será válida no momento en que recibamos na oficina da Academia, ben por fax (981 22 77 01), ben por mail (info@academiagalegadoaudiovisual.gal ), o formulario de inscrición xunto co resgardo de haber feito o pagamento da matrícula correspondente (Caixanova: 2080 0210 14 0040003383). Se queres saber
CONCLUSIÓNS FORO SEGUNDA CANLE DE TVG
O pasado mes de xaneiro do 2004 a Academia organizou en Vigo o Foro Segunda Canle de TVG donde diversos profesionais do sector debatiron sobre se os galegos necesitamos unha segunda canle autonómica ou non, analizando os pros e os contras dende o punto de vista económico, de audiencias, público obxectivo, programación, etc.. Ademáis escoitamos a experiencia levada a cabo noutras comunidades autónomas que sí teñen en marcha unha segunda canle. Se queres saber cales foron as conclusións ou o que opinan sobre este tema diversos políticos, escritores, productores, profesores, directivos, ... da nosa comunidade autónoma PREME AQUÍ.
A ASOCIACIÓN DE XORNALISTAS DE GALICIA EN COLABORACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES CELEBRARÁ O 22 DE ABRIL, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA,, O FORO DE AUTOCONTROL DA TV, DE 11.00 HORAS A 20.30 HORAS.
A Asociación de Xornalistas de Galicia en colaboración coa CRTVG, Clube Internacional de Prensa de Galicia, AEGA, ATERGA, Consorcio Audiovisual de Galicia, Cluster Audiovisual Galego, AGAPI e a Academia Galega do Audiovisual organizan o FORO DE AUTOCONTROL DA TELEVISIÓN que terá lugar o vindeiro día 22 de abril en Santiago de Compostela, no Hotel Araguaney (R/ Alfredo Brañas, nº5), de 11.00 horas a 20.30 horas. Vai dirixido aos profesionais do sector, institucións relacionadas cos espectadores e co seguimento de contidos televisivos, así como ao público interesado. O obxectivo fundamental deste foro é analizar todos os aspectos relacionados coa aplicación dos acordos de autorregulación firmados polas operadoras de televisión e que afectan de forma especial ás productoras de obras audiovisuais. Para máis información PREME AQUÍ.
O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA, A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL E AISGE, ORGANIZAN UN CURSO DE INGLÉS AUDIOVISUAL
O Consorcio Audiovisual de Galicia, a Academia Galega do Audiovisual e a asociación AISGE, organizan conxuntamente un curso de inglés audiovisual que se celebra entre os meses de abril e xullo deste ano, na sede do propio Consorcio Audiovisual de Galicia, na rúa do Hórreo nº 61-2º en Santiago. Este curso está contemplado dentro das accións do Plan de Formación do Consorcio, aprobado no Plan de Actividades desta entidade para o ano 2005. Trátase de organizar cursos de perfeccionamento en idiomas preferentes nos mercados internacionais.
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE INGLÉS AUDIOVISUAL
DENDE HOXE, DÍA 14 DE ABRIL, E ATA O 18 DESTE MES, QUEDA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE INGLÉS AUDIOVISUAL ORGANIZADO POLO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN AISGE E A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL. O CURSO LEVARASE A CABO ENTRE OS MESE DE ABRIL E XULLO NA SEDE DO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. PARA VER O PROGRAMA E/OU FICHA DE INSCRICIÓN PREME AQUÍ.
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONGRATÚLASE DOS ÉXITOS GALEGOS NOS GOYA
A Academia Galega do Audiovisual congratúlase dos éxitos logrados polos profesionais e empresas galegas nos Premios da Academia de Cine, os Goya, entregados na noite de onte domingo, xa que supoñen toda unha proxección da gran capacidade artística e empresarial do sector audiovisual galego en todo o estado.
A DIVERSIDADE CULTURAL, UNHA CUESTIÓN DE ESTADO: MANOLO GÓMEZ NAS CONCLUSIÓNS PROVISIONAIS DO II CONGRESO GALEGO AUDIOVIOSUAL
Defende-la diversidade cultural como unha cuestión de estado e coma valor engadido dentro do sector audiovisual, a reafirmación na defensa do cine español e a esixencia de unha maior e mellor consideración e interese por parte das institucións, considera-la necesidade de reforzar e asentar dentro dunha economía sostible á industria cultural, a implicación da sociedade e dos distintos axentes –empresas, organismos, institucións, industria...- na defensa do audiovisual, resumen parte das conclusións provisionais que o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual e a Academia Galega do Audiovisual, organizadora do mesmo, arroxou despois de 3 días de intensa e variada actividade.
FERNANDO SPENCER, CINEASTA BRASILEÑO, FALOU DO CINEMA PERNAMBUCANO E A PRESERVACIÓN DO SEU PATRIMONIO
O director de cine brasileño Fernando Spencer, participou hoxe sábado 18 na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil. Concretamente, centrou a súa disertación no cinema pernambucano e a preservación do seu patrimonio, ademais de proxecta-las curtametraxes Estrelas de Celuloide, Trajectória do frevo e O último bolero no Recife. Spencer leva dirixido unha chea de curtas sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que dirixíu catro.
EDUARDO BAUTISTA FALOU DA DIVERSIDADE CULTURAL: O QUE NOS FAI DISTINTOS NON DEBE FACERNOS DISTANTES
Para o presidente da SGAE, Eduardo Bautista, a diversidade cultural é unha redundancia, xa que a cultura ten que apuntalarse nos piares que a definen, e que non son outros que a diversidade. A cultura é interdisciplinar, ou non é cultura, e non se pode plantea-lo concepto en toda a súa riqueza se non se acepta esta premisa, afirmou. A cultura do século XXI precisa dunha plataforma de carácter industrial, e segundo Bautista, non haberá cultura nos próximos anos se non se crea esta industria e non se afianza ben. Camíñase nesa dirección, e é nela na que hai que buscar solucións. Foi contundente afirmando que cómpre rematar cos discursos banais que negan isto.