A ASOCIACIÓN DE XORNALISTAS DE GALICIA EN COLABORACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES CELEBRARÁ O 22 DE ABRIL, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA,, O FORO DE AUTOCONTROL DA TV, DE 11.00 HORAS A 20.30 HORAS.

A Asociación de Xornalistas de Galicia en colaboración coa CRTVG, Clube Internacional de Prensa de Galicia, AEGA, ATERGA, Consorcio Audiovisual de Galicia, Cluster Audiovisual Galego, AGAPI e a Academia Galega do Audiovisual organizan o FORO DE AUTOCONTROL DA TELEVISIÓN que terá lugar o vindeiro día 22 de abril en Santiago de Compostela, no Hotel Araguaney (R/ Alfredo Brañas, nº5), de 11.00 horas a 20.30 horas. Vai dirixido aos profesionais do sector, institucións relacionadas cos espectadores e co seguimento de contidos televisivos, así como ao público interesado. O obxectivo fundamental deste foro é analizar todos os aspectos relacionados coa aplicación dos acordos de autorregulación firmados polas operadoras de televisión e que afectan de forma especial ás productoras de obras audiovisuais. Para máis información PREME AQUÍ.

O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA, A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL E AISGE, ORGANIZAN UN CURSO DE INGLÉS AUDIOVISUAL

O Consorcio Audiovisual de Galicia, a Academia Galega do Audiovisual e a asociación AISGE, organizan conxuntamente un curso de inglés audiovisual que se celebra entre os meses de abril e xullo deste ano, na sede do propio Consorcio Audiovisual de Galicia, na rúa do Hórreo nº 61-2º en Santiago. Este curso está contemplado dentro das accións do Plan de Formación do Consorcio, aprobado no Plan de Actividades desta entidade para o ano 2005. Trátase de organizar cursos de perfeccionamento en idiomas preferentes nos mercados internacionais.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE INGLÉS AUDIOVISUAL

DENDE HOXE, DÍA 14 DE ABRIL, E ATA O 18 DESTE MES, QUEDA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE INGLÉS AUDIOVISUAL ORGANIZADO POLO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN AISGE E A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL. O CURSO LEVARASE A CABO ENTRE OS MESE DE ABRIL E XULLO NA SEDE DO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. PARA VER O PROGRAMA E/OU FICHA DE INSCRICIÓN PREME AQUÍ.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONGRATÚLASE DOS ÉXITOS GALEGOS NOS GOYA

A Academia Galega do Audiovisual congratúlase dos éxitos logrados polos profesionais e empresas galegas nos Premios da Academia de Cine, os Goya, entregados na noite de onte domingo, xa que supoñen toda unha proxección da gran capacidade artística e empresarial do sector audiovisual galego en todo o estado.

A DIVERSIDADE CULTURAL, UNHA CUESTIÓN DE ESTADO: MANOLO GÓMEZ NAS CONCLUSIÓNS PROVISIONAIS DO II CONGRESO GALEGO AUDIOVIOSUAL

Defende-la diversidade cultural como unha cuestión de estado e coma valor engadido dentro do sector audiovisual, a reafirmación na defensa do cine español e a esixencia de unha maior e mellor consideración e interese por parte das institucións, considera-la necesidade de reforzar e asentar dentro dunha economía sostible á industria cultural, a implicación da sociedade e dos distintos axentes –empresas, organismos, institucións, industria...- na defensa do audiovisual, resumen parte das conclusións provisionais que o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual e a Academia Galega do Audiovisual, organizadora do mesmo, arroxou despois de 3 días de intensa e variada actividade.

FERNANDO SPENCER, CINEASTA BRASILEÑO, FALOU DO CINEMA PERNAMBUCANO E A PRESERVACIÓN DO SEU PATRIMONIO

O director de cine brasileño Fernando Spencer, participou hoxe sábado 18 na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil. Concretamente, centrou a súa disertación no cinema pernambucano e a preservación do seu patrimonio, ademais de proxecta-las curtametraxes Estrelas de Celuloide, Trajectória do frevo e O último bolero no Recife. Spencer leva dirixido unha chea de curtas sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que dirixíu catro.

EDUARDO BAUTISTA FALOU DA DIVERSIDADE CULTURAL: O QUE NOS FAI DISTINTOS NON DEBE FACERNOS DISTANTES

Para o presidente da SGAE, Eduardo Bautista, a diversidade cultural é unha redundancia, xa que a cultura ten que apuntalarse nos piares que a definen, e que non son outros que a diversidade. A cultura é interdisciplinar, ou non é cultura, e non se pode plantea-lo concepto en toda a súa riqueza se non se acepta esta premisa, afirmou. A cultura do século XXI precisa dunha plataforma de carácter industrial, e segundo Bautista, non haberá cultura nos próximos anos se non se crea esta industria e non se afianza ben. Camíñase nesa dirección, e é nela na que hai que buscar solucións. Foi contundente afirmando que cómpre rematar cos discursos banais que negan isto.

OS VIDEOXOGOS SUPERAN XA A TAQUILLA DO CINEMA E AS VENDAS ACHÉGANSE ÁS DO DVD

Os videoxogos xa superan a taquilla do cinema e as vendas achéganse ás do DVD, segundo afirmou hoxe Jorge Huguet, Senior Marketing Manager para España y Portugal de Sony Computer Entertainment ( PlayStation ) no II Congreso Galego Audiovisual. Consúmense perto de 100 horas ó ano en videoxogos, superando ó resto das técnicas de lecer, incrementándose o consumo en máis dun 20 por cento dende o 1995. No ano 1983, o orzamento dun videoxogo era de 0,04 millóns de dólares, e hoxe sitúase en 45 millóns aproximándose cada vez máis ó das películas. Imos cara un mundo interactivo dixital sen cables, afirmou Huguet, para quen os videoxogos son máis sociais do que aparenta, xa que nalgún momento pódese estar só, pero son un producto de lecer para compartir cos amigos. Unha das claves do videoxogo é a simplicidade e as emocións que espertan. O diñeiro é para Huguet outro dos puntos fortes, xa que o usuario fai un forte investimento pero no tempo, polo que o ve rendible.

PETER OLAF FALOU DA TELEVISIÓN DIXITAL EN EUROPA E A IMPORTANCIA DA INTERACTIVIDADE

Peter Olaf, presidente do Grupo Europea da UER (Unión Europea da Radio e Televisión) e UET (Unión Europea Televisión) e da EICTA (Asociación Europea de Productores de Tecnoloxías do Consumidor) sobre o fomento do Persoal Dixital Recorders (PDR) para a televisión dixital terrestre, analizou as implicacións da interactividade e a televisión dende unha perspectiva práctica, considerando a televisión potenciada (Enhanced TV) e a televisión participativa, así como a televisión dixital interactiva. Examinou tamén tres factores que poden fomenta-la televisión dixital: máis elección, cualidade técnica e personalización. Neste contexto, afirmou, discútese a importancia relativa da interactividade como impulsora da televisión dixital.

INTERACCIÓN PRESENTA AS SÚAS SOLUCIÓNS EN INTERNET PARA EMPRESAS DO SECTOR AUDIOVISUAL

Interacción presentará as súas solucións avanzadas en Internet dirixidas específicamente a empresas do sector audiovisual. Esta presentación terá lugar mañan, día 18 de decembro, dentro do marco do II Congreso Galego Audiovisual. Destaca especialmente a presentación de AVLINK, unha solución avanzada para mellora-la xestión de proxectos audiovisuais. A presentación da firma galega centrarase en explica-las diferentes formas nas que as empresas do sector audiovisual poden aproveita-las avantaxes de Internet.