MAÑÁ MARTES 1 DE XUÑO REÚNESE O COMITÉ ORGANIZADOR DO CONGRESO GALEGO DO AUDIOVISUAL

Mañá martes 1 de xuño, ás 11 da mañá, no Hotel Palacio do Carmen de Santiago de Compostela, reúnese o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual. O Comité presentará e someterá a aprobación os contidos e a estructura do Congreso, así como a Imaxe de Identidade do mesmo. Ademais, elixiranse os membros que integrarán o Comité Científico –de expertos- que terá un peso decisivo en todo canto atinxe ós contidos que serán desenvolvidos ó longo do devandito Congreso.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PON EN MARCHA O II CONGRESO GALEGO DO AUIOVISUAL

Hoxe mércores, 28 de xaneiro, presidido por Manolo Gómez como Presidente da A.G.A., quedou constituído o Comité Organizador do “II Congreso Galego do Audiovisual”, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de decembro en Santiago de Compostela (Pazo de Congresos), e no que se traballará co fin de que nel participen, ademais da totalidade do sector audiovisual en Galicia, todos aqueles sectores que indirectamente forman parte del, dende a cultura, a industria, as Universidades e demais institucións vencelladas á industria audiovisual e ó seu motor creativo.

PROGRAMA DO FORO DE DEBATE SOBRE A 2ª CANLE TVG

"2ª Canle: un proxecto", é a mesa redonda que ocupará ós relatores e asistentes a este Foro na xornada da mañá. Nela participan os representantes da práctica totalidade das televisións autonómicas do estado, ademais dos representantes políticos con presencia parlamentaria. "2ª Canle: unha demanda", é a mesa redonda que se celebra pola tarde, e nela está presente a práctica totalidade das distintas actividades e profesións que integran o sector audiovisual en Galicia.

O SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO DEFENDE A CREACIÓN DA 2ª CANLE DE TELEVISIÓN DE GALICIA

“Unha 2ª canle na TVG é necesaria para reforzar máis a autoestima como país, e para ofrecer máis plataformas de proxección da producción que se fai en Galicia”. Esta podería se-la conclusión que unifica as distintas posicións mantidas no “Foro 2ª canle TVG” celebrado o xoves en Vigo, organizada pola Academia Galega do Audiovisual e ó que aistíu unha ampla representación tanto do sector audiovisual como cultural e político de Galicia.

O XOVES 22 CELÉBRASE O “FORO 2ª CANLE DA TVG” NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DE VIGO

Responsables das televisións autonómicas do estado español, os profesionais do audiovisual en Galicia, empresas do sector, organizacións e institucións culturais, e representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria no noso país (PP, PsdeG-PSOE e BNG), daranse cita o xoves 22 de xaneiro en Vigo dende as 10 da mañá –no Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz 24)- para comeza-lo proceso de debate sobre a necesidade da posta en marcha dunha 2ª canle da Televisión de Galicia. Este é o tema que centra este Foro que supón o primeiro paso do proceso que formará parte das actividades da Academia Galega do Audiovisual no presente ano 2004, segundo afirmou Manolo Gómez, presidente da A.G.A. na rolda de prensa celebrada en Vigo para presenta-lo “Foro 2ª canle TVG”. Na Rolda de Prensa estiveron presentes tamén a vicepresidenta da asociación, Isabel Blanco, a tesoureira, Marta Villar, e a xerente, Mamen Quintas.

A A.G.A. PROMOVE O DEBATE SOBRE A 2ª CANLE DA TVG

¿É necesaria unha 2ª canle da TVG? ¿Existe demanda social en Galicia? ¿É unha demanda do sector audiovisual? ¿Por qué sómo-la única Comunidade Autónoma que carece de 2ª canle de televisión autonómica? ¿Somos capaces de manter, economicamente, unha 2ª canle? Son todas elas preguntas que están xordindo no sector audiovisual galego, e que a Academia Galega do Audiovisual afronta decididamente.

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NON SEMPRE VAN A FAVOR DA CREATIVIDADE”: MODERNIZACIÓN E ITV

“Modernización e ITV”, a mesa redonda que pecha o Foro Academia Abierta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña. O tema, “Modernización e ITV”. Os poñentes: o músico Nani García, o director de fotografía Tomás Pladevall, o director de arte Félix Murcia, o director de arte Félix Murcia, o escenógrafo virtual Ignacio Platero, o montador Anastasio Ramos, e o director de fotografía e moderador Suso Bello. No fondo e na superficie, analizáronse as novas tecnoloxías no cine, anque non se pasou por alto a repercusión e diferencia que existe cando de novas tecnoloxías falamos, entre o cine e a televisión.

“MARCA DE FÁBRICA”: ¿DEBE TRATARSE O CINE COMO INDUSTRIA, OU COMO ALGO CREATIVO?

“Debe tratarse o cine só como industria, ou tamén coma un acto creativo?”. Esta foi unha das preguntas sobre as que os compoñentes da mesa redonda que baixo o título “Marca de Fábrica” asistiron esta mañá á segunda xornada do Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” que se celebra na Fundación Luís Seoane da Coruña. Os actores Jorge Bosso, josé Ángel Egido, Antonio Mourelos –que actuou tamén como moderador-, Vicky Peña e Artur Trillo, foron os compoñentes da mesa. Para o galego José Ángel Egido, non é preciso que nos apropiemos da idea norteamericana de “entende-lo cine coma unha industria, “por qué vai prevalecer ese argumento”, dicía, porque o cine pode ser un acto comercial e un entretemento á vez. A idea da excepcionalidade cultural pode dar diñeiro, e por iso hai que manter esa idea”.

A MESA “MADE IN GALICIA” PECHA O FORO AA’O4

“OS EXHIBIDORES NON TIVERON AXUDAS ESTATAIS PARA MODERNIZA-LAS SALAS DE CINE” Con esta frase, o presidente da Federación de Exhibidores Cinematográficos de España, Primitivo Rodríguez, aludíu á falla de apoio que tiveron os exhibidores de cine en España porparte da administración estatal, para anova-lo parque de salas de cine, pasando das tradicionais minisalas, e posteriormente os megaplex –salas en gradas-; centrou na mesa redonda “Made in Galicia” a súa participación en defende-la diversidade cultural, e na adaptación das salas de cine ás novas tecnoloxías, é dicir, á exibición dixital, o que supón que terían que adquirir novos tipos de proxectores axeitados para a proxección de material rodado con tecnoloxía dixital. Participaron tamén na mesa Antón Reixa, Javier Vasallo (Buenavista Internacional), Carlos Carballo (director de programas da TVG e moderador do acto-, Julio Fernández (de Filmax), Pancho Casal (Continental) e o

OS DIRECTORES DE CINE FAN FRONTE COMÚN CONTRA O CINE NORTEAMERICANO

Os directores de cine que conformaron a mesa redonda sobre a “Identidade Cultural” –celebrada dentro do Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña-, amosáronse inequivocamente en ontra da “colonización do cine e do audiovisual en xeral, que provén de Norteamérica, e evita o desenvolvemento e incluso a proxección de futuro do noso cine, e xa non só do español, senón tamén do europeo en xeral”. Os integrantes da mesa, Manuel Esteban, Santiago San Miguel, Xavier Villaverde, Manolo Abad –moderador-, Carlos Amil e Gonzalo Tapia, afondaron na diferencia que existe entre o que é a “diversidade cultural” e a “excepción cultural”. Así o explicou o Director de Ccine e Presidente da ADIRCE –Asociación de Directores e Realizadores de Cine de España-, quen aclarou que “a diversidade cultural é unha realidade que xa existe de por si dentro incluso de cada país, e por