FERNANDO SPENCER, CINEASTA BRASILEÑO, FALOU DO CINEMA PERNAMBUCANO E A PRESERVACIÓN DO SEU PATRIMONIO

O director de cine brasileño Fernando Spencer, participou hoxe sábado 18 na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil. Concretamente, centrou a súa disertación no cinema pernambucano e a preservación do seu patrimonio, ademais de proxecta-las curtametraxes Estrelas de Celuloide, Trajectória do frevo e O último bolero no Recife. Spencer leva dirixido unha chea de curtas sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que dirixíu catro.

EDUARDO BAUTISTA FALOU DA DIVERSIDADE CULTURAL: O QUE NOS FAI DISTINTOS NON DEBE FACERNOS DISTANTES

Para o presidente da SGAE, Eduardo Bautista, a diversidade cultural é unha redundancia, xa que a cultura ten que apuntalarse nos piares que a definen, e que non son outros que a diversidade. A cultura é interdisciplinar, ou non é cultura, e non se pode plantea-lo concepto en toda a súa riqueza se non se acepta esta premisa, afirmou. A cultura do século XXI precisa dunha plataforma de carácter industrial, e segundo Bautista, non haberá cultura nos próximos anos se non se crea esta industria e non se afianza ben. Camíñase nesa dirección, e é nela na que hai que buscar solucións. Foi contundente afirmando que cómpre rematar cos discursos banais que negan isto.

OS VIDEOXOGOS SUPERAN XA A TAQUILLA DO CINEMA E AS VENDAS ACHÉGANSE ÁS DO DVD

Os videoxogos xa superan a taquilla do cinema e as vendas achéganse ás do DVD, segundo afirmou hoxe Jorge Huguet, Senior Marketing Manager para España y Portugal de Sony Computer Entertainment ( PlayStation ) no II Congreso Galego Audiovisual. Consúmense perto de 100 horas ó ano en videoxogos, superando ó resto das técnicas de lecer, incrementándose o consumo en máis dun 20 por cento dende o 1995. No ano 1983, o orzamento dun videoxogo era de 0,04 millóns de dólares, e hoxe sitúase en 45 millóns aproximándose cada vez máis ó das películas. Imos cara un mundo interactivo dixital sen cables, afirmou Huguet, para quen os videoxogos son máis sociais do que aparenta, xa que nalgún momento pódese estar só, pero son un producto de lecer para compartir cos amigos. Unha das claves do videoxogo é a simplicidade e as emocións que espertan. O diñeiro é para Huguet outro dos puntos fortes, xa que o usuario fai un forte investimento pero no tempo, polo que o ve rendible.

PETER OLAF FALOU DA TELEVISIÓN DIXITAL EN EUROPA E A IMPORTANCIA DA INTERACTIVIDADE

Peter Olaf, presidente do Grupo Europea da UER (Unión Europea da Radio e Televisión) e UET (Unión Europea Televisión) e da EICTA (Asociación Europea de Productores de Tecnoloxías do Consumidor) sobre o fomento do Persoal Dixital Recorders (PDR) para a televisión dixital terrestre, analizou as implicacións da interactividade e a televisión dende unha perspectiva práctica, considerando a televisión potenciada (Enhanced TV) e a televisión participativa, así como a televisión dixital interactiva. Examinou tamén tres factores que poden fomenta-la televisión dixital: máis elección, cualidade técnica e personalización. Neste contexto, afirmou, discútese a importancia relativa da interactividade como impulsora da televisión dixital.

INTERACCIÓN PRESENTA AS SÚAS SOLUCIÓNS EN INTERNET PARA EMPRESAS DO SECTOR AUDIOVISUAL

Interacción presentará as súas solucións avanzadas en Internet dirixidas específicamente a empresas do sector audiovisual. Esta presentación terá lugar mañan, día 18 de decembro, dentro do marco do II Congreso Galego Audiovisual. Destaca especialmente a presentación de AVLINK, unha solución avanzada para mellora-la xestión de proxectos audiovisuais. A presentación da firma galega centrarase en explica-las diferentes formas nas que as empresas do sector audiovisual poden aproveita-las avantaxes de Internet.

A PIRATERÍA NO AUDIOVISUAL, A DIVERSIDADE CULTURAL OU A TV DIXITAL EN EUROPA PECHAN MAÑÁ O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

Antes de clausura-lo II Congreso Galego Audiovisual mañá sábado ás 19:00 hs no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago –acto que será presidido por Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual, ó que asistirá o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual, Ignacio Otero, e o director xeral da CRTVG Francisco Campos-, debatiranse temas tan importantes como a tv dixital en Europa e a importancia da interactividade, tema que presentará as 12:00 da mañá Perter Olaf (asesor de Medios interactivos da DR-Televisión e Radio Pública de Dinamarca), ou a piratería e os novos delitos no mundo dixital, que será debatido ás 16:00 hs por José Tarodo –director xerende de EGEDA-, Pedro Farré –director do Gabinete de Relacións do Goberno Corporativo da SGAE-. Comunicacións, proxeccións, debates e conferencias, terán lugar ó longo de toda a xornada, ademais de face-las presentacións corporativas as empresas Interacción CIM con Jaime

O arquivo audiovisual da TVG conta con máis de 400.000 horas de imaxes

María Jesús López Elvira, Mª José Riestra e Luz Román Portas, documentalistas da TVG, presentaron hoxe no decurso do II Congreso Galego Audiovisual unha Comunicación sobre “O arquivo audiovisual da TVG: un arquivo público e aberto á sociedade”. Nela, percorren a Recomendación que sobre a salvagarda e conservación de imaxes en movemento redactara a Conferencia Xeral da UNESCO en outubro de 1980, dando así un gran paso no recoñecemento cultural e xurídico dos arquivos audiovisuais.

CARLOS AMIL DEFENDEU NA SÚA COMUNICACIÓN A VERSIÓN ORIXINAL GALEGA

Carlos Amil, o director de cine galego, defendeu esta tarde unha Comunicación presentada no decurso do II Congreso Galego Audiovisual, na que denunciaba que as películas que se subvencionan ou priman dun xeito especial polo uso do idioma galego, non se poden rodar ou sonorizar en galego porque o mercado estatal no que se amortiza calquera película que se rode en España non o admite, e dóbranse ó galego sendo este idioma o perdedor nas preferencias do público propio. É dicir, Galegos que empregan a cotío o galego, volven elixir non ve-lo seu idioma dobrado, pero ademais, a alternativa en castelán é o orixinal aínda que se rodase en Galicia con personaxes galegos e coas subvencións dos organismos normalizadores da língua. Esta perversión ten para Carlos Amil, pouco arranxo porque se basea en que os coproductores, necesarios a nivel estatal, obrigan a que o idioma orixinal sexa o castelán, co que implicitamente, ou mellor, explicitamente, recoñecen as vantaxes para ese

O 70 % DOS GUIONISTAS EN ESPAÑA TEÑEN QUE COMPAXINA-LA PROFESIÓN CON OUTRA COMPLEMENTARIA

O 79 por cento dos guionistas en España son homes. A maior parte dos guionistas, teñen entre 30 e 40 anos. Estudios superiores. Son autodidactas. Chegaron á profesión por vocación. A maior parte residen en Madrid e Barcelona. A muller vaise incorporando paulatinamente á profesión. O 60 por cento dos guionistas teñen que compatibiliza-la profesión con outra que propicie un salario complementario para vivir. A inmensa maioría son autónomos. O 90 por cento dos guionistas cobran por traballo realizado e de xeito irregular. O 73 % non pode vivir do traballo como guionista. Perto do 73 por cento perciben anualmente uns 18.000 euros. A media das percepcións sitúase en 19.760 euros. Os traballos mellor pagados son as tv e as teleseries. O 90 por cento deles, afirman que España non é un bo lugar para os guionistas. Os problemas que plantean fundamentalmente son: inseguridade no traballo, falta de colaboración, pouco e irregular salario, falta de oportunidades...

O CINEASTA BRASILEÑO FERNANDO SPENCER PARTICIPA MAÑÁ NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

O director de cine brasileño Fernando Spencer, participará mañá na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil, ademais de proxectar varios dos traballos, curtametraxes, que leva dirixido sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco curtas-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que realizou catro. Varias destas curtametraxes serán proxectadas mañá dentro do apartado de proxeccións.