NOVAS DO SECTOR: O 15 DE NOVEMBRO REMATA O PRAZO DE CONVOCATORIA DE PLAY-DOC 2007

A organización do Festival fai un chamamento a tódalas produtoras e realizadores galeg@s e anímaos a participaren nesta terceira edicion de Play-Doc, que se celebrará a finais de marzo do ano 2007.

NOVAS DO SECTOR: AGAPI organiza o CURSO NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

AGAPI organiza o CURSO NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. O novo panorama dixital e a evolución tecnolóxica esíxenlles aos produtores audiovisuais novas estratexias creativas.

OS MÚSICOS QUE TRABALLAN PARA O AUDIOVISUAL FALARON DA PRECARIEDADE LABORAL: A Mesa, organizada pola Academia Galega do Audiovisual, concluíu que é necesario organizarse

A precariedade laboral na que traballan os músicos e compostitores galegos que compoñen para o sector audiovisual, a televisión principalmente, foi o tema que acaparou boa parte do tempo na Mesa Redonda organizada pola Academia Galega do Audiovisual no marco do Seminario de Composición de Música de Cine que se está celebrando na Coruña, nos Estudios de Man. Ó acto, presidido pola directiva da A.G.A. Nani García e a presidenta da mesma, María Bouzas, así como o músico Sergio Moure, asistíu un bo número de músicos e compositores, entre os que se encontraban Piti Sanz, ou Bernardo Fuster de Musimagen, quen ofrecera previamente un relatorio sobre a situación laboral do compositor de música para a imaxe.

O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA INFORMA: II ENCONTRO INTERNACIONAL SOBRE EDUCACIÓN AUDIOVISUAL ENREDADOS NAS PANTALLAS

Co lema Enredados nas pantallas, convócase o II Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual que terá lugar, na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, os días 4, 5 e 6 de decembro.

O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA INFORMA DA CONVOCATORIA PARA PRESENTAR CURTAMETRAXES NA CLERMONT FERRAND. ADXÚNTASE CONVOCATORIA E FICHA INSCRICIÓN

Estimados amigos: Achegámosvos a convocatoria para presentar curtametraxes á selección para as proxeccións profesionais que se van levar a cabo dentro do mercado internacional de Clermont Ferrand, que terá lugar do 26 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2007.

XOSÉ ZAPATA ENVÍANOS A ENTREVISTA COMPLETA QUE LLE FIXERON NA VOZ DE GALICIA PERO QUE NON PUBLICARON COMPLETA

En las subvenciones al cine gallego no se aplica la lógica Estimado amigos: Envió a entrevista publicada na “Voz de Galicia”. Está entrevista foi cortada na edición “impresa” da Voz por falta de espazo, e para que queden máis claras todas as cuestións contidas en dita entrevista foi colgada na web da “Voz de Galicia” a entrevista completa.

ANTONIO MOURELOS CONVÍDANOS A VER A SÚA CURTA S.O.S. O VENRES DÍA 3 NOV

Comunícovos a presentación da miña curtametraxe "S.Ó.S." o venres día 3 de novembro ás 19.30 na Facultade de Ciencias da Comunicación (máis coñecida por Xornalismo) de Santiago.

Mesa redonda da Academia Galega do Audiovisual: Os músicos no audiovisual galego.

Entre os días 2 e 5 de novembro vaise celebrar na Coruña o Seminario de Composición de Música de Cine. Aproveitando esta ocasión, a Academia Galega do Audiovisual organiza por primeira vez en Galicia, unha mesa redonda na que se darán cita os músicos e compositores que traballan no audiovisual galego para falar de cal é a situación actual, que perspectivas de futuro teñen, a relación coas produtoras, que ofrece a Xunta de Galicia, ou que consellos dar aqueles que queiran buscar o seu futuro no audiovisual.

O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA INFORMA DO CAMBIO NO PROGRAMA DE ENREDAD@S NA PANTALLA

En relación ao II ENCONTRO INTERNACIONAL SOBRE EDUCACIÓN AUDIOVISUAL "ENREDADOS NAS PANTALLAS" infórmovos de que houbo un cambio no programa con respecto aos obradoiros que se impartirán as tardes dos días 5 e 6 de decembro. O taller titulado "O cine, unha ferramenta para educar en valores" implicará asistencia os dous días xa que se desenvolverá en dúas fases.

SEMINARIO DE COMPOSICIÓN DE MÚSICA DE CINE, DO 2 Ó 5 DE NOVEMBRO

Aproveitando esta ocasión, a Academia Galega do Audiovisual organiza por primeira vez en Galicia, unha mesa redonda na que se darán cita os músicos e compositores que traballan no audiovisual galego para falar de cal é a situación actual, que perspectivas de futuro teñen, a relación coas produtoras, que ofrece a Xunta de Galicia, ou que consellos dar aqueles que queiran buscar o seu futuro no audiovisual.