NOVAS DO SECTOR: A CURTA GALEGA PANTA REI (TODO FLÚE), DE SIMÓN CASAL, SELECCIONADA PARA O HDFEST

A Curtametraxe galega PANTA REI (TODO FLÚE), de Simón Casal, foi seleccionada para HDFest, o único evento cinematográfico do mundo especializado en obras de Alta Definición, que celebrará a súa próxima edición nos Estudos Dolby de Hollywood, en Los Angeles, entre o 1 e o 3 de decembro.

NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO INCIDE EN BILBAO NO COMPROMISO DO SECTOR DE ADOPTAR COMPORTAMENTOS SOCIALMENTE RESPONSABLES

Crearase un Observatorio do Audiovisual Responsable e unha Guía de Autoavaliación para difundir boas prácticas no sector O presidente do Clúster Audiovisual Galego, Antón Reixa, participou esta mañá como invitado en Bilbao nunha xornada organizada por Eiken Basque Audiovisual, onde se analizaron os retos de competitividade que se plantexa a industria audiovisual, como sector clave dentro da Sociedade da Información e ante o aumento da demanda de produtos audiovisuais.

NOVAS DO SECTOR: A SÉ DO CGAI NA CORUÑA ACOLLE O X SEMINARIO DE ARQUIVOS FÍLMICOS DO 15 Ó 17 DE NOVEMBRO

Entre o 15 e o 17 de novembro terá lugar na sé do Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña (CGAI) o X Seminario de Arquivos Fílmicos, organizado pola Filmoteca Española, en colaboración coa entidade que o acolle. No seu seo, presentarase unha copia restaurada de Ano Santo en Compostela, o segundo filme máis antigo que se conserva sobre Galicia.

NOVAS DO SECTOR: CAPÍTULO 35 DE A VIDA POR DIANTE: FACENDO CAMIÑO

A posible instalación dunha antena de telefonía, quebradeiro de cabeza para as protagonistas de A vida por diante. A suculenta oferta económica que recibirá Aurora pola instalación fará que dubide aínda máis da súa posible influenza na saúde dos veciños.

NOVAS DO SECTOR: PREMIO DO XURADO, EN OURENSE, PARA O FILME DE BARES, DE MARIO IGLESIAS

Mario Iglesias logrouno de novo. Se con MADRES arrasou nos máis importantes Certames de curtametraxes, con DE BARES estao facendo de novo. Este sábado, o xurado do XI Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, facía público o palmarés; Mario Iglesias lograba, con DE BARES, o Premio Especial do Xurado. Iglesias roda xa Catalina, a súa segunda longametraxe, baixo a produción de Voz Audiovisual.

NOVAS DO SECTOR: FICCIÓN PRODUCCIONES, DIAGONAL TV, TV3 E TVG, PRESENTARON A PELÍCULA PARA TV O BOSQUE DE LEVAS

O Bosque de Levas, baseada nunha novela de Alfonso Álvarez Cáccamo, e con guión de Antón Lopo e Antón Dobao, comezou a rodarse o 16 de outubro, rematándose o pasado día 11 de novembro. Unha vez editada e postproducida, será entregada á TVG e TV3 en febreiro do vindeiro ano.

NOVAS DO SECTOR: ALUMNOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON DE LUGO ACADAN O PREMIO ESTRELLA GALICIA DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS POLA CURTA A SOGA DA SOIDADE

Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EISS), que depende da Fundación TIC, acadaron o premio Estrella Galicia de Proxectos Audiovisuais pola curtametraxe A Soga da Soidade, dentro das V Xornadas de Formación Audiovisual, que se celebraron no decurso do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense.

NOVAS DO SECTOR: O SECTOR AUDIOVISUAL DE GALICIA PRESENTA OS SEUS PROXECTOR NOS ESTADOS UNIDOS

O IGAPE, a través do seu Centro de Promoción de Negocios en Nova Yorke, partocopou na feira do mercado audiovisual máis grande do mundo, o American Film Market, celebrada en Santa Mónica (California) entre o 1 e o 9 de novembro. A asistencia de 8.000 empresas de todo o mundo, nun sector que nos Estados Unidos mobe máis de 180.000 millones de euros e en Europa supera os 99.000 millóns de euros, da idea da importancia do evento.

NOVAS DO SECTOR: OMAR MARTÍNEZ, PREMIO Á MELLOR TV MOVIE NA XXVII MOSTRA CINEMA VALENCIA

La película para televisión Omar Martínez de Pau Martínez producida por la gallega Adivina Producciones, Nadie es perfecto y Just Films ha obtenido en la XXVII Mostra de Cinema de Valencia el premio a la Mejor Tv Movie de ficción.

NOVAS DO SECTOR: CURSO de AGAPI NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

Dolores Ben Pena, Presidenta de AGAPI, Manuel José Fernández Iglesias -Director Xeral de Comunicación Audiovisual- e María Elena Veiguela Martínez -Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información- inaugurarán o luns 13 de novembro o CURSO de AGAPI NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL