NOVAS DO SECTOR: O CENTRO TERRITORIAL DE TVE GAÑA O PREVIO GALICIA DE COMUNICACIÓN 2006 POLO DOCUMENTAL 25 ANOS DE AUTONOMÍA

Déronse a coñecer os Premios Galicia de Comunicación 2006, que outorga a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia. Entre os galardoados está o Centro Territorial de Televisión Española, gracias ó documental 25 anos de autonomía.

NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER AUDIOVISUAL ANALIZA EN SANTIAGO A POTENCIALIDADE DOS NOVOS SERVIZOS PARA MÓBILES

Expertos en servizos para telefonía móbil deronse cita hoxe en Santiago na sede da Fundación Caixa Galicia para participar na xornada ClusterTel: servizos para móbiles, que forma parte do Foro Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e Caixa Galicia, co obxectivo de analizar as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega.

LORENÇ SOLER RECIBÍU A MEDALLA DE OURO DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL NA CEA DE SOCI@S ANUAL QUE PECHOU O FORO ACADEMIA ABERTA

Foi xa en horas da noite cando a Academia Galega do Audiovisual, con máis de cen socios e socias presentes, levaban a cabo un dos eventos anuais xa tradicionais nesta institución: a cea de soci@s, na que se distingue coa Medalla de Ouro a un persoaxe do cine ou a tv, que teña salientado polo seu labor no sector. Este ano, o director de cine e realizador de TV Lorenç Soler, foi quen de recibir o galardón.

PERTO DE 100 PROFESIONAIS DA FOTOGRAFÍA ASISTEN Á ACADEMIA ABERTA 06 QUE ESTA MAÑÁ INAUGUROU A SÚA PRESIDENTA, MARÍA BOUZAS

Perto de cen profesionais da Fotografía cinematográfica asisten dende esta mañá ó Foro Academia Aberta, que por cuarto ano consecutivo, organiza a Academia Galega do Audiovisual. O CGAI na Coruña é a sé que acolle estes Encontros que inaugurou esta mañá a Presidenta da Academia, María Bouzas, quen salientou a importancia da temática a tratar non só porque nos Estatutos da A.G.A. consta expresamente o apopio deste organismo ó desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa e indirectamente co audiovisual en Galicia, senón tamén porque ten que ver co coñecemento e valoración dos nosos oficios.

MAÑÁ, A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ENTREGA A MEDALLA DE OURO Ó CINEASTA LLORENÇ SOLER

Como remate do Foro Academia Aberta 06, e seguindo coa tradición instituída na Academia Galega do Audiovisual, mañá venres ás 22:00 horas celébrase a Cea anual d@s soci@s da Academia, acto no que –ó comezo- lévase a cabo a entrega da Medalla de Ouro que outorga esta institución, e que este ano recae no cineasta valenciá de nacemento pero residente en Barcelona, Llorenç Soler, director de cine e realizador de Tv, especializado en traballos de carácter cultural, histórico, político e social, especialmente no xénero documental.

NOVAS DO SECTOR: 30.000 PERSOAS DISFRUTARON DA 3ª EDICIÓN DE CINEMA DE NOITE ESTE VERÁN

Mañá 1 de decembro, coa proxección no CGAC, de Un franco, 14 pesetas, precedido da curtametraxe Minotauromaquia, concluirá a terceira edición de Cinema de Noite, un programa de difusión e promoción do audiovisual galego organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte, e que consiste na proxección en trinta e cinco milímetros de películas e curtametraxes, rodados por productoras galegas, en pequenas poboacións carentes de locais de cine estables.

NOVAS DO SECTOR: ADIVINA COPRODUCE A ÚLTIMA PELÍCULA DE LLORENÇ SOLER, MEDALLA DE OURO DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

El director valenciano dirige la última Tv Movie de Adivina Producciones, Vida de Familia, una historia basada en hechos reales que narra la historia de Marta, una mujer que está llegando a la cuarentena y que decide tener un hijo con su pareja, Vanesa.

NOVAS DO SECTOR: O DIRECTOR MARIO IGLESIAS E A ACTRIZ EMMA ÁLVAREZ, REÚNENSE COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Mario Iglesias está inmerso en el rodaje de su segundo filme, Catalina, esta vez con la producción, en solitario, de Voz Audiovisual. El rodaje se desarrolla, desde el pasado 7 de noviembre, en Pontevedra. Es el segundo largometraje del director pontevedrés, tras el éxito de su ópera prima De bares, premiada recientemente en el Festival Internacional de Cine Independiente de Ourense. El director y la actriz protagonista del filme, Emma Álvarez, celebraron el pasado martes un encuentro informal con medios en Pontevedra.

A MEDALLA DE OURO DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL RECAE ESTE ANO NO CINEASTA LLORENÇ SOLER

Este ano, a Medalla de Ouro que outorga a Academia Galega do Audiovisual, é para o cineasta nacido en Valencia e residente en Barcelona, Llorenç Soler, director de cine e realizador de Tv, especializado en traballos de carácter cultural, histórico, político e social, especialmente no xénero documental. Así o decidíu a Xunta Directiva deste organismo audiovisual, única Academia de España que aglutina ó conxunto do sector audiovisual, cinema e tv.

CINEMATOGRAFÍA DIXITAL. OS PRIMEIROS PASOS, CENTRAN O FORO ACADEMIA ABERTA QUE CELEBRA A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL OS DÍAS 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO NA CORUÑA

Os días 30 de novembro e 1 de decembro, a Academia Galega do Audiovisual celebra o seu Foro anual Academia Aberta, que este ano dedicarase á Fotografía Dixital. Os primeiros pasos. Amosar cómo se desenvolve o traballo cinematográfico nos entornos dixitais emerxentes, os procesos necesarios tanto na pre-produción, a rodaxe e a postprodución para a realización dunha longametraxe –anque tamén se poden aplicar a outros formatos como as películas para televisión, as series ou os documentais- conforman o obxectivo deste Programa. O Foro celébrase este ano na sé do CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) emprazada na rúa Durán Loriga nº 10, baixo.