NOVO CINEMA GALEGO: FORZA CENTRÍFUGA

O artigo de Xurxo González (historiador, crítico de cinema e xestor cultural) foi publicado tamén na pasada edición do anuario e fala sobre a saída da industria audiovisual galega máis alá das fronteiras da nosa Comunidade Autónoma, dende o punto de vista do novo cinema galego. "O que se denomina Novo Cinema Galego (a partires de agora escribirase coas siglas NCG)fracasou no primeiro obxectivo que se fixou: chamar a atención da administración da Xunta de Galicia. Queríase que a AGADIC se dese conta da necesidade de prolongar as boas condicións que a administración creou para que xurdira este novo xeito de facer cinema. A denominación do NCG foiunha mera transposición á actualidade das fórmulas dos novos cinemas modernos que emerxeron en Europa na década dos anos 60 e 70. O NCG foi o froito dunha política audiovisual acertada que tivo o goberno do bipartito entre 2006 e 2009 de mans da Axencia Audiovisual Galega con Manolo González no leme. Esta comparativa

AMPLA REPRESENTACIÓN GALEGA NOS 29 PREMIOS GOYA

O cine galego ten calidade/está de moda, ou iso se deduce tras coñecer as últimas nominacións dos Premios Goya 2015. O 7 de febreiro no Centro de Congresos Príncipe Felipe haberá unha gran representación de compañeiros e profesionais galegos candidatos a levarse unha estatuíña na 29 gala de entrega dos Premios Goya. A segunda película con máis candidaturas (aparece o seu título ata en 16 categorías) é “El niño”, coproducida por Vaca Films e no que cabe destacar o nomeamento de Raquel Fidalgo e Noé Montes xunto a David Martí na categoría de Maquillaxe e Perruquería. “A tropa de trapo na selva do arco da vella” coproducida entre outras por Abano Producións e Continental Producciones é finalista á mellor Longametraxe de Animación, catro anos despois da súa predecesora “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol” que finalmente non se levou o prezado galardón. Nos finalistas en formato curto de animación atopámonos “Sangre de