AS LEIS DE CELAVELLA VOLVEU SER A SERIE MÁIS VOTADA NOS MESTRE MATEO 05

20 / 03 / 2006

Un ano máis, a serie de tv As Leis de Celavella resultou a máis galardoada na noite do audiovisual galego, a Gala de Entrega dos Premios MM05 que se celebrou esta pasada noite no Pazo de Exposicións da Coruña, unha Gala á que por vez primeira na súa historia, contou coa presenza dun Presidente da Xunta de Galicia. Así o puxo de manifesto o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, quen agradeceu a súa presenza e pedíu, expresamente ó Presidente Pérez Touriño, un organismo único que represente ó sector, e que sexa transversal, onde estean presentes dende Presidencia a Cultura, Economía, Industria e outros departamentos, ademais do sector privado e as entidades financeiras, porque o esforzo ten que ser de todos, para levar o audiovisual galgo a convertelo realmente no sector estratéxico que é tanto para a nosa economía como para a nosa cultura.
AS LEIS DE CELAVELLA VOLVEU SER A SERIE MÁIS VOTADA NOS MESTRE MATEO 05

O presidente da Academia, Manolo Gómez, agradeceu que por vez primeira, un Presidente da Xunta asistise á Gala

A.G.A., luns 20 marzo 2006.- Un ano máis, a serie de tv As Leis de Celavella resultou a máis galardoada na noite do audiovisual galego, a Gala de Entrega dos Premios MM05 que se celebrou esta pasada noite no Pazo de Exposicións da Coruña, unha Gala á que por vez primeira na súa historia, contou coa presenza dun Presidente da Xunta de Galicia. Así o puxo de manifesto o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, quen agradeceu a súa presenza e pedíu, expresamente ó Presidente Pérez Touriño, un organismo único que represente ó sector, e que sexa transversal, onde estean presentes dende Presidencia a Cultura, Economía, Industria e outros departamentos, ademais do sector privado e as entidades financeiras, porque o esforzo ten que ser de todos, para levar o audiovisual galgo a convertelo realmente no sector estratéxico que é tanto para a nosa economía como para a nosa cultura.

Pero non só estivo presente Emilio Pérez Touriño, senón tamén outras autoridades como o Delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; o alcalde da Coruña, Javier Losada; o secretario xeral de Comunicación Fernando Salgado, o director xeral de Comunicación Audiovisual Manuel José Fernández Iglesias, e outros políticos e representantes institucionais, como Francisco Cerviño, Carmen Adán, Ismael Rego, e outros.

Pero quen sobresaíu pola súa presenza, foi o propio sector audiovisual galego. Máis dun milleiro de profesionais se deron cita no Palexco para celebrar un ano máis a decisión d@s soci@s da A.G.A. que cos seus votos, deron a vitoria a diversos gañadores de entre os nominados ós Premios. A Gala, presentada por Luís Pedrahita e Iolanda Muiños, tivo como eixe temático vertebrador a historia da Comunicación Audiovisual, na que distintos sketchs, co guión do propio Pedrahíta e a dirección de Ángel de la Cruz e Mamen Quintas, xerente da Academia, camiñaron dende a prehistoria ós tempos das máis avanzadas tecnoloxías da comunicación.

Os resultados foron producíndose, abríndose no propio esceario os sobres que proviñan directamente do notario. O número de Produtoras presentadas foi de 37, e o de producións ascendeu a 93, mentres que foron 95 os profesionais que optaron a seren nominados nesta votación. Deste proceso, resultaron os nominados en cada categoría, e deles, estes foron os gañadores:

A mellor Longametraxe:

León y Olvido, de Xamalú Films

A mellor Longametraxe documental:

El País de Nomeacuerdo, de Anxo Fernández Producciones SL.

A mellor Película de TV:

Mentíndolle á vida, de Adivina Producciones, Just Films e General Vídeo Productions

O mellor programa de TV:

Consumidores, de TVE Centro Territorial de Galicia

A mellor Serie de TV:

As Leis de Celavella, de Voz Audiovisual S.A.

O mellor Documental:

As Voces do Prestige, de Directo de Información e Divulgación S.L.

A mellor Produción Interactiva:

O Mando Manda, de Interaccion CIM S.L.

A mellor Produción de Publicidade:

Caixanova, onde nacen as ideas, de I.A.C.E. S.L. e Lúa Films

A mellor Curtametraxe de Ficción:

Te quiero mal. Ciega por primera vez, de Ficción Producciones S.L.

A mellor Curtametraxe de Animación:

El Retorno de la Ley, de Dygra Films S.L.

A mellor Dirección de Produción:

Alfonso Blanco e Paula Fernández, por As Leis de Celavella

A mellor Dirección de Fotografía:

Suso Bello, por Mentíndolle á vida

A mellor maquillaxe e perruquería:

Ana Muíño e Noelia Arcay por As Leis de Celavella

O mellor Deseño de vestiario:

Ruth Díaz, por As Leis de Celavella

A mellor Dirección Artística:

Antonio Pereira por As Leis de Celavella

A mellor Montaxe, tivo dous equipos de dúas producións gañadores:

Manu Mayo por As Leis de Celavella e
Mercedes Arcones, Juan Galiñanes y Ángel de la Cruz, por El Sueño de una noche de San Juan

O mellor Son:

Carlos Faruolo e Jaime Fernández, por O soño dunha noite de San Xoán

O mellor Guión:

Xosé Castro, Andrés Mahía, Carlos Ares, Ramón Campos, Iván L. Gimeno, Daniel D. García, Jacobo Paz, Xosé Antón Moure, Paco Abelleira, Raúl Dans, Daniel Domínguez, Pedro Ramos, Eva Vázquez, Eligio R. Montero, Miguel Anxo Murado, Mario Neves, Chema Gagino e Marcos Nine, por As Leis de Celavella

A mellor Banda Sonora:

Arturo Krees e Artur Guimaraes por El Sueño de una noche de San Juan

A mellor Dirección:

Jorge Coira e Carlos Sedes, por As leis de Celavella

A mellor Realización:

Jorge Coira e Carlos Sedes, por As leis de Celavella

O Premio de mellor Comunicador/a:

Yolanda Castaño por Mercuria

A mellor Interpretación Masculina Protagonista:

Fernando Fernán Gómez por Para que non me esquezas

A mellor Interpretación Feminina Protagonista:

Marta Larralde por León y Olvido

A mellor Interpretación Masculina Secundaria:

Carlos Blanco por Heroína

A mellor Interpretación Feminina Secundaria:

María Bouzas por Heroína

Os Premios honoríficos Fernando Rey á traxectoria profesional, e o José Seller á traxectoria empresarial, foron para Marcial Lens, a título póstumo, como precursor da industria audiovisual galega, e para o Equipo de Cine Imaxe da Coruña, que puxeron en marcha Carlos Amil, Carlos López Piñeiro, Manolo Abad (que foron quen recolleron o Premio) e Xabier Villaverde, que por razóns de traballo non acudíu á Gala.

Etiquetas: