Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, foi a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) quen se decidiu a organizar uns premios anuais, baixo o nome da propia asociación. Os premios Agapi celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por Agapi e pola nova asociación de produtoras que se viña de constituír, Aega.

A Academia naceu en certa medida coma a entidade que mellor podería asumir a organización duns premios desta natureza, xa que nela participan, en pé de igualdade, os profesionais dos distintos gremios dentro do audiovisual. E, así, a partir de 2003 os Premios pasaron a ser os Mestre Mateo

“Os premios Mestre Mateo supoñen unha serie de actividades que teñen como evento culminante unha gala retransmitida por televisión. Os premios teñen tanto de balance coma de promoción, son celebración e reivindicación de que no seo da sociedade galega existe un audiovisual activo”

Os membros da Academia escollen democraticamente aqueles traballos colectivos e individuais que lles parecen os mellores, de entre todos os realizados e presentados o ano anterior. A escolla faise en dúas fases. Nunha primeira votación participan a totalidade dos traballos presentados. A segunda e definitiva votación faise sobre os catro traballos que acadaran maior respaldo. Despois, un notario encárgase da facer o reconto das votacións emitidas polos académicos. Por último, os premios fanse públicos e entréganse durante unha gala, que se adoita celebrar en abril.

Os Premios Mestre Mateo son, pois, unha singular oportunidade para obter anualmente unha panorámica xeral do audiovisual galego desde a perspectiva dos académicos.

XVIII Premios Mestre Mateo

A XVIII edición dos Premios Mestre Mateo celebrouse en 2020, recoñecendo o mellor da colleita do audiovisual galego. Ademais de premiar a [...]

I Semana do Cinema Galego

Entreo 6 e o 9 de febreiro, o Teatro Colón da Coruña acollerá cinco sesións de proxección das películas candidatas na categoría de Mellor [...]

IV Semana das Músicas do Audiovisual

A Semana das Músicas do Audiovisual-SEMUÁ é un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta [...]

XVII Premios Mestre Mateo

En 2019 tivo lugar a XVII edición dos Premios Mestre Mateo, unha convocatoria para celebrar o talento audiovisual galego, premiando a profesionais e [...]

Curso As Partes dun Todo, impartido por Jorge Coira

DATA E LUGAR: Fin de semana 28 e 29 de Setembro Fin de semana 5 e 6 de Outubro Horario: 10:30h a 20:00h. Centro Ágora. Lugar da Gramela [...]

Young Audience Award

O Young Audience Award é a categoría oficial dos Premios Europeos de Cinema adicada ao público xuvenil. A Academia Europea de Cinema (EFA) [...]