Trátase dunhas xornadas en que os académicos poidamos contrastar distintas perspectivas, convidando a axentes do mundo financeiro, empresarial, cultural, institucional e xornalístico a que nos axuden a perfilar un retrato cabal de onde estamos e cara a onde podemos ir. Unha das tarefas da Academia consiste en servir como punto de encontro onde os profesionais do audiovisual podan reunirse e reflexionar sobre distintos aspectos do audiovisual en Galicia. Como o debate é un elemento indispensable á hora de analizar un tema, a Academia decidiu crear, no ano 2007, unhas xornadas de reflexión nas que os académicos tiveran a oportunidade de participar e aportar o seu punto de vista para chegar a un acordo común.

Colaboración Academia Española de Cine 2013

PROXECCIÓN EN MADRID DOS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO Este acto encádrase dentro do acordo de colaboración que ambas entidades firmaron no ano [...]

Anuario 2012-2013

Máis alá das frases feitas, nesta xunta directiva sabiamos que os tempos eran malos e que, dificilmente, todo ía ser suceptible de mellorar. [...]

Conferencia Timelapse 2012

Documentos: Conferencia Timelapse Coruña [...]

XI Premios Mestre Mateo

Este 2013 trouxo unha vez máis moitas satisfaccións e un éxito de convocatoria na undécima edición Premios do Audiovisual Galego “Mestre [...]

COLOQUIO CON JOSEFINA MOLINA

A Academia Galega do Audiovisual asinou no 2012 un acordo de colaboración coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, coa [...]