Trátase dunhas xornadas en que os académicos poidamos contrastar distintas perspectivas, convidando a axentes do mundo financeiro, empresarial, cultural, institucional e xornalístico a que nos axuden a perfilar un retrato cabal de onde estamos e cara a onde podemos ir. Unha das tarefas da Academia consiste en servir como punto de encontro onde os profesionais do audiovisual podan reunirse e reflexionar sobre distintos aspectos do audiovisual en Galicia. Como o debate é un elemento indispensable á hora de analizar un tema, a Academia decidiu crear, no ano 2007, unhas xornadas de reflexión nas que os académicos tiveran a oportunidade de participar e aportar o seu punto de vista para chegar a un acordo común.

I Premios Mestre Mateo

A gala dos I PMM celebrouse o 7 de xuño de 2003, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O presentador foi Javier Veiga e o Pórtico da [...]