Os guións das producións televisivas e cinematográficas sempre agochan dentro todos os segredos das obras: ideas, diálogos dos intérpretes, anotacións, indicacións de decorado… etc. A Academia Galega do Audiovisual quere achegarlle ao público e aos académicos e académicas algúns dos guións finalistas nesta XVI edición dos Premios Mestre Mateo para que o público poida lelos, valoralos e ver as obras tamén dende outra perspectiva.

Polo momento, xa están dispoñibles:

  • Dhogs | Andrés Goteira.
  • Serramoura (capítulos 62 -98) | Alberto Guntín, Lidia Fraga, Jacobo Díaz, Roberto G. Méndez, Araceli Gonda, Enrique Lojo, Benigno López, María Ferreiro, Iago Mariñas e José Rubio.
  • A estación violenta  | Ángel Santos, Xacobe Casas, Anxos Fazáns e Daniel Froiz.