A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONVOCA OS PREMIOS MESTRE MATEO 05 QUE SE CELEBRARÁN EN MARZO DO ANO QUE VEN

7 / 11 / 2005

As empresas produtoras así como os profesionais do audiovisual, xa poden presentar os seus traballos para optar ós Premios Mestre Mateo 05 que un ano máis, organiza a Academia Galega do Audiovisual, porque xa está aberto o prazo de presentación que rematará o vindeiro 23 de decembro para a recepción de traballos aspirantes ós nomeamentos. Unha das condicións que teñen que cumprir estes traballos, é que sexa estreados, emitidos ou publicados antes do 31 de decembro deste ano.
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONVOCA OS PREMIOS MESTRE MATEO 05 QUE SE CELEBRARÁN EN MARZO DO ANO QUE VEN

Longametraxes, telefilmes, series e programas de tv, documentais e curtas, producións publicitarias e interactivas, e os profesionais, poderán optar á estatuíña

Academia Galega do Audiovisual. Luns 7 de novembro 2005.

As empresas produtoras así como os profesionais do audiovisual, xa poden presentar os seus traballos para optar ós Premios Mestre Mateo 05 que un ano máis, organiza a Academia Galega do Audiovisual, porque xa está aberto o prazo de presentación que rematará o vindeiro 23 de decembro para a recepción de traballos aspirantes ós nomeamentos. Unha das condicións que teñen que cumprir estes traballos, é que sexa estreados, emitidos ou publicados antes do 31 de decembro deste ano.

Poden optar a estes premios as Longametraxes –producións cinematográficas de duració superior a 60 minutos- estreadas en salas comerciais ó longo deste ano 2005, dende o 1 de xaneiro ó 31 de deembro, pero deberán respostar ás seguintes esixencias: que a versión sexa orixinal en lingua galega, ou que como mínimo, o 25 por cento da porcentaxe de participación na produción corresponda a unha produtora galega ou con domicilio social en Galicia, ou que o 50 por cento da equipa técnica e artística sexa galega. Tamén poderán sumar o 25 por cento en conxunto das equipas técnica e artística, sempre que unha das autorías sexa galega –director, guionista, ou autor da banda sonora. Non se terán en conta os meritorios para este cómputo.

Os telefilmes, series de tv –ficción, animación e documentais- así como os programas para tv emitidos en calquera dos sistemas televisivos –abertos, pago por visión, cable, etc- tamén se poderán presentar, sempre que cumpran os requisitos esixidos nas bases, e que son semellantes ós das longametraxes. Documentais e curtametraxes tamén poderán optar a estes premios sempre que a versión orixinal sexa en lingua galega, ou que como mínimo –no caso dos documentais- o 25 % -e no caso das curtas- o 50% da porcentaxe de participación na produción, corresponda a unha produtora galega ou con domicilio social en Galicia, ou ben se o 50 % da equipa técnica e o 50 % da artística, estea formado por traballadores galegos.

As producións publicitarias e as producións interactivas tamén poden optar ós Premios, cumprindo requisitos semellanes ós anteriores, e que figuran nas bases que están ó alcance dos interesados na web www.academiagalegadoaudiovisual.gal. Tódolos profesionais, galegos ou non, que participen nas producións expostas anteriormente –agás nas curtametraxes- e que cumpran os requisitos das categorías esixidas nas que se encadren os seus traballos, tamén poden presentar a súa candidatura.

Son un total de 25 as categorías estabrecidas para os premios: Mellor Longametraxe, película de TV, Programa de TV, Serie de TV, Documental, Produción Interactiva, Produción de Publicidade,Curtametraxe de Ficción, Curtametraxe de Animación, Dirección de Produción, Dirección de Fotografía, Maquillaxe e Perruquería, Deseño de Vestiario, Dirección Artística, Montaxe, Son, Guión, Banda Sonora, Dirección, Realización, Comunicador de TV, Interpretación Masculina Protagonista, Interpretación Feminina Protagonista, Interpretación Masculina Secundaria e Interpretación Feminina Secundaria. E haberá coma sempre, os Premios Honoríficos que quedarán a criterio da Xunta Directiva da A.G.A., tanto a súa designación como a súa denominación.

Calendario

Ata o 23 de decembro: prazo recepción de traballos
O 9 de xaneiro: ábrese o prazo de alegacións, ata o 27 do mesmo mes
O 31 de xaneiro: envío de papeletas para a 1ª Rolda de votacións. Selección de Nomeados.
O 17 de febreiro: remata o prazo de recepción de papeletas de votación no Notario
O 24 de febreiro: envíanse as papeletas para a 2ª rolda de votacións. Premiados.
O 10 de marzo: remata o prazo de recepción de papeletas de votación no Notario.
MARZO: CELÉBRASE A GALA.

Etiquetas: