37 PRODUTORAS E 4 ESCOLAS E UNIVERSIDADES PRESENTARON 93 TRABALLOS PARA OS MESTRE MATEO 05

18 / 01 / 2006

Nesta nova edición dos Premios Mestre Mateo que organiza e convoca a Academia Galega do Audiovisual, foron 37 as empresas Produtoras que presentaron, xunto con 4 Escolas e Universidades, un total de 93 traballos para o conxunto das 27 categorías establecidas nas Bases da convocatoria. No que atinxe ós profesionais que optan a este galardón, son 271 as persoas que aspiran a levarse unha estatuíña en Marzo no decurso da Gala que se celebrará na Coruña.
37 PRODUTORAS E 4 ESCOLAS E UNIVERSIDADES PRESENTARON 93 TRABALLOS PARA OS MESTRE MATEO 05

271 Profesionais optan ás estatuíñas da Academia Galega do Audiovisual

A.G.A., Santiago 18 xaneiro 2006.- Nesta nova edición dos Premios Mestre Mateo que organiza e convoca a Academia Galega do Audiovisual, foron 37 as empresas Produtoras que presentaron, xunto con 4 Escolas e Universidades, un total de 93 traballos para o conxunto das 27 categorías establecidas nas Bases da convocatoria. No que atinxe ós profesionais que optan a este galardón, son 271 as persoas que aspiran a levarse unha estatuíña en Marzo no decurso da Gala que se celebrará na Coruña.

O proceso de elección de candidatos está neste momento en fase de alegacións por banda d@s soci@s, alegacións que se realizarán ante a Academia ás candidaturas que –presentadas á convocatoria nos meses de novembro e decembro pasados- cada quen considere oportuno. Este proceso de alegacións –que se abriu o 9 de xaneiro- remata o vindeiro 27 de xaneiro. Unha vez realizadas as alegacións, facendo @s soci@s uso do seu dereito e obriga de supervisar, completar ou alegar o que consideren preciso, a listaxe de candidatos e candidaturas será definitivo, e procederase así a continuar co proceso de votación nas súas distintas fases eliminatorias. A partir do 31 de xaneiro, serán @s soci@s quen, mediante o seu voto, decidan cáles son os catro nominados para cada unha das 27 categorías. A segunda e derradeira rolda será a que nos faga coñecer en marzo, na Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 05 na Coruña, ós gañadores do premio.

Etiquetas: