Comprometido coa profesión e querido por toda a cultura galega, o coñecido actor foi tamén fundador da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e presidiu Escena Galega A Coruña, 6 de agosto de 2018.- A Academia Galega do Audiovisual amosa o seu profundo pesar polo pasamento de Ernesto Chao, cofundador e primeiro presidente da entidade, entre 2002 e 2003. O actor, que recibiu en 2008 o Premio de Honra Fernando Rey pola súa traxectoria, amosou sempre un forte compromiso profesional, social e político. Foi todo un referente, tanto para o público como para o mundo da cultura galega, que o recorda con tanto respecto como cariño. Ernesto Chao recibiu un gran recoñecemento do público galego pola serie Pratos Combinados, pero o seu currículo na pequena pantalla inclúe un gran número de producións. Así, interpretou diferentes papeis en series como El Comisario, Aquí no hay quien viva, Pepe, o Inglés, Os outros feirantes ou Fariña, o seu papel máis